Para o uso do Sistema RED (RED Internet, RED Directo e Sistema de Liquidación Directa) requírese estar debidamente autorizado pola TGSS.
Para acceder a este servizo é imprescindible dispoñer dun Certificado Digital Silcon ou calquera outro certificado dixital válido que garanta a seguridade e confidencialidade de todas as actuacións.
- A diferenza do Certificado Silcon, outros certificados dixitais de tipo soporte lóxico emitido por unha Autoridade de Certificación recoñecida fan uso do almacén de certificados do sistema operativo, polo que o acceso á clave privada do certificado, na súa configuración máis habitual, está dispoñible a calquera persoa que faga uso do ordenador.
Por ese motivo é necesario protexer o certificado cun contrasinal ou dispositivo criptográfico. Desta forma cando o navegador ou outra aplicación requiran o uso da clave privada do certificado dixital, solicitarase permiso e contrasinal de desbloqueo.
Esta recomendación é moi importante para usuarios que compartan habitualmente o ordenador con outros usuarios na empresa/despacho, para evitar posibles usos non autorizados do propietario do certificado.
Os certificados almacenados en tarxetas ou dispositivos criptográficos xa protexen a clave privada co "pin" do dispositivo criptográfico, polo que non é necesario pasos adicionais.
No documento adxunto indícanse as recomendacións de uso dos certificados dixitais.