Prestación de risco durante a lactación natural

Procedemento

Prestación de risco durante a lactación natural

Información xeral


Obxecto:

Prestación económica que trata de cubrir a perda de rendas que se produce durante o período de suspensión do contrato por risco durante a lactancia natural, nos casos en que a traballadora, ao ter que cambiar de posto de traballo ou de actividade por outro compatible coa súa situación, este cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

Beneficiarios/requisitos:

As traballadoras por conta allea ou conta propia incluídas en calquera Réxime da Seguridade Social, en situación de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da súa actividade profesional por risco durante a lactación natural, que cumpran os requisitos esixidos:

  • Estar afiliadas e en alta.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas, no caso de traballadoras responsables da cotización.

Máis información sobre beneficiarios e requisitos

Contido/contía:

Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora  correspondente, que será a establecida para a prestación de IT  derivada de continxencias profesionais.

Ao efectuarse o pago deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF.

Duración/extinción:

Aboarase durante o tempo necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo e finalizará:

Traballadoras por conta allea:

  • Por cumprimento dos 9 meses do fillo.
  • Por reincorporación ao posto de traballo anterior ou a outro compatible co seu estado.
  • Por extinción do contrato de traballo por causas legais.
  • Por interrupción da lactación natural.
  • Por falecemento.

Traballadoras por conta propia:

  • Por cumprimento dos 9 meses do fillo.
  • Por incorporarse á súa actividade profesional.
  • Por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social.
  • Por falecemento.

Perda/suspensión:

  • Actuar fraudulentamente para obter ou conservar a prestación.
  • Realizar calquera traballo iniciado con posterioridade á suspensión da actividade incompatible co seu estado.
Impresos:

Documentación:

Achegaranse os documentos necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

Lugar de tramitación:

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social da Entidade Xestora ou, se é o caso, á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

Entidade competente:

A xestión e o pagamento da prestación corresponde á Dirección provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM ), na que teña o seu domicilio a interesada, ou á Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, en función da Entidade que cubra os riscos profesionais.

Prazos:

O Director Provincial da Entidade xestora da provincia en que teña o seu domicilio a interesada ditará resolución expresa e notificaralla no prazo de 30 días.

O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte á do feito causante, sen prexuízo de que os efectos se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data da solicitude.

Máis información sobre prazos

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}