Novas funcionalidades de afiliación.
- Novo tratamento do vínculo familiar
O campo "Vínculo familiar", creado en febreiro de 2003 para sinalar os familiares do titular da explotación agraria que non teñan a condición de asalariados, vai ser utilizado ademais para realizar o control sobre determinados traballadores estranxeiros que desempeñen a súa actividade en empresas agrarias.
Para iso, cambiouse o nome e o formato do campo. A partir de agora denominarase "Exclusión de desemprego" e pasará a ser un campo numérico cos seguintes valores:
1 FAMILIAR TITULAR EXPLOTACIÓN
2 ESTRANXEIRO CON PERMISO TIPO F-A-T-ESTUD
O valor "1" Familiar titular explotación terá o mesmo valor e uso ca o actual "S".
O valor "2" Estranxeiros con permiso tipo F-A-T-ESTUD deberá anotarse sobre determinados traballadores estranxeiros con actividade en empresas agrarias (traballadores transfronteirizos, traballadores de temporada e os traballadores autorizados con permiso por estudos).
Achégase novo ficheiro AFI coas modificación resaltadas sobre fondo gris.
- Novo valor no campo Inactividade
Creouse un novo valor na táboa INACTIVIDADE:
5 AUSENCIA DO TRABALLO - REMC (réxime especial para a minería do carbón)
- Posta en funcionamento
Todas as modificacións descritas nos puntos anteriores entrarán en funcionamento a partir do 29 de xaneiro de 2004.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
Formato mensaxe de afiliación. (Versión 4.5) |
![]() |
03/06/2008 |