Finalización do mantemento da WinSuite de 16 bits
Tal e como se adiantaba no Noticias RED 2004/4 do 29 de marzo de 2004, a partir do mes de xuño a WinSuite de 16 bits deixará de actualizarse coas novidades que se vaian incorporando. En concreto, todas as novidades que aparecen neste Noticias RED só estarán dispoñibles para WinSuite32. Por este motivo cómpre que que todos os usuarios do Sistema RED instalen a nova WinSuite32 antes desa data.
Esta nova versión de WinSuite proporciona as mesmas funcionalidades ca a antiga versión, ademais de maiores vantaxes, entre as que destacan:
- Instalación integrada dos programas RedCom e WinSuite32: evítase ter que instalar e realizar modificacións en dúas aplicacións.
- Actualización automática de versións: a WinSuite32 comproba automaticamente durante o proceso de envío (tanto de cotización como de afiliación) a existencia de novas actualizacións, que se descargan de xeito automático.
- Nova imaxe: conseguiuse un aspecto máis atractivo que facilita o manexo da aplicación.
- Nova axuda: elaborouse unha nova versión da axuda que, además de resolver as dúbidas do usuario, permite coñecer con detemento o funcionamento de WinSuite32.
- Simplificación do proceso de impresión do recibo de liquidación de cotizacións: de modo análogo á impresión dos documentos da serie TC2, posibilítase a selección dos recibos de liquidación de cotizacións por período de presentación e permite seleccionar a impresión por CCC ou razón social.
- Posibilidade de exportar a formato PDF (Acrobat): a nova WinSuite32 permite exportar algúns dos informes (documentos TC2, recibos de liquidación de cotizacións e documentos ITA) a calquera directorio do seu computador en formato PDF, de tal xeito que os poida remitir posteriormente por correo electrónico á persoa que desexe.
- Migración da antiga WinSuite a WinSuite32: a transición entre unha versión e outra resulta transparente. O proceso de migración automático permite que o usuario poida traballar con WinSuite32 con toda a información que tiña en WinSuite sen ter que realizar ningún proceso manual.
- Instalación en rede: mellórase a instalación en rede de WinSuite32 permitindo a súa utilización tanto nos clientes como no propio servidor.
- Consulta de envíos: esta nova utilidade permite asociar os ficheiros enviados coas respostas da Tesourería Xeral da Seguridade Social. Tamén inclúe criterios de consulta por data e por NIF, así como por tipo de ficheiros enviados.
Para todo o proceso de instalación e migración de datos da versión de WinSuite de 16 bits a WinSuite32, débese consultar o "Manual para a instalación e migración WinSuite32" que se atopa dispoñible no apartado "Manuais" da Área de documentación do Sistema RED.