Traballadores desprazados

Traballadores desprazados

Como norma xeral, os traballadores desprazados están sometidos á lexislación de Seguridade Social do país en cuxo territorio  estean a exercer a súa actividade laboral. Agora ben, se se trata dun traslado temporal poden manter a lexislación española de Seguridade Social nos termos e requisitos que se indican a continuación:

Aplícaselles aos traballadores españois ou mexicanos.

Desprazamento Inicial

Os traballadores por conta allea que exercen a súa actividade nunha empresa española que os traslada temporalmente a México para exercer a súa actividade alí e os traballadores que exercen a súa actividade por conta propia en España e que se trasladan temporalmente a exercer a súa actividade en México deben solicitar ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administracións dela a expedición do correspondente certificado de desprazamento.

Formulario que hai que tramitar

A empresa ou traballador por conta propia efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.300  "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañarase o formulario ESP/MEX.1  cuberto en triplicado exemplar.

O formulario expedido pola Dirección Provincial ou Administración correspondente certifica que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o seu desprazamento nese país e, en consecuencia, está exento de cotizar á Seguridade Social mexicana.

Período que hai que autorizar

O prazo máximo de duración do desprazamento é de dous anos.

Prórroga ordinaria

Se os traballadores por conta allea ou conta propia deben prolongar a súa estancia nese país máis alá dos dous anos inicialmente previstos, o empresario ou traballador por conta propia deberán solicitar con suficiente antelación á finalización do período autorizado, a prórroga do mantemento da lexislación española de Seguridade Social ante a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Formulario que hai que tramitar

A solicitude de prórroga deberá efectuarse no modelo TA.300  "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable" e acompañarase o formulario ESP/MEX.2 "Prórroga de desprazamento", cuberto en cuadriplicado exemplar, para a súa remisión ao outro país. A expedición deste formulario pola Seguridade Social mexicana acredita que o traballador continúa sometido á lexislación española de Seguridade Social durante o período nel autorizado.

Período que hai que autorizar

O prazo máximo da prórroga é de dous anos.

Outros Desprazamentos

Direccións Provinciais ou Administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Serán os órganos competentes para autorizar os desprazamentos relativos a:

  • Persoal itinerante das empresas de transporte aéreo con sede en España.
  • Membros da tripulación de buques con bandeira española.

A autorización expedirase a través do modelo (ESP/MEX.1) "Certificación relativa á lexislación aplicable". A empresa efectuará a súa solicitude mediante o modelo TA 300.

Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED.

Para outros desprazamentos cuxo trámite non estea reflectido no Acordo Administrativo, a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, expedirá un certificado de desprazamento no formulario ESP/MEX.1  "Certificación relativa á lexislación aplicable".

Outras excepcións

A tramitación das solicitudes doutras excepcións lévase a cabo pola Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

A empresa ou traballador por conta propia, efectuarán a súa solicitude mediante o modelo TA.300 "Solicitude de información sobre a lexislación de Seguridade Social aplicable".

Dada a conformidade por parte da Seguridade Social de México a Subdirección Xeral de Afiliación, Cotización e Xestión do Sistema RED da Tesouraría Xeral da Seguridade Social expedirá o formulario ESP/MEX.1  "Certificación relativa á lexislación aplicable", que acredita que o traballador continúa sometido á Seguridade Social española durante o período que foi autorizado.

Complementary Content
${loading}