Real decreto 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do salario mínimo interprofesional e para o incremento da súa contía
Con data 26 de xuño de 2004, publicouse no B.O.E. o Real Decreto 3/2004, do 25 de xuño, para a racionalización da regulación do Salario Mínimo Interprofesional e para o incremento da súa contía.
Como consecuencia do incremento da contía do salario mínimo interprofesional, as bases mínimas de cotización, segundo o disposto no artigo 16 da Lei xeral da Seguridade Social, han de incrementarse na mesma contía.
No artigo 5 do referido real decreto establécense as bases de cotización vixentes para períodos de liquidación igual ou posterior a xullo de 2004.
- Tope mínimo.
O tope mínimo de cotización para as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais é de 572,70 euros mensuais.
- Bases mínimas para o réxime xeral
Grupo de cotización Bases mínimas 1 799,80 mensual 2 663,60 mensual 3 576,90 mensual 4 - 7 572,70 mensual 8 - 11 19,09 diaria
- Réxime especial agrario (xornadas reais)
Grupo de cotización Base diaria de xornadas reais 1 37,29 2 30,92 3 26,89 4 - 11 25,47
- Cotización nos supostos de contratos a tempo parcial
Grupo de cotización Bases mínimas 1 4,01 2 3,32 3 2,89 4 - 11 2,85