Renda activa de inserción

Procedemento

Procedemento do Programa de renda activa de inserción

Información Xeral


Obxecto:

É un programa que comprende medidas de políticas activas de emprego, coa finalidade de incrementar as oportunidades de reinserción laboral, e o aboamento dunha prestación económica, denominada renda activa de inserción, vinculada á realización das accións en materia de políticas activas de emprego que non supoñan retribucións salariais.

Entidade competente:

ISM

(*) As medidas de políticas activas de emprego serán aplicadas por aquelas Direccións Provinciais do ISM que non teñan transferidas as competencias nesta materia ás Comunidades Autónomas ás que pertenzan.

Beneficiarios:

Traballadores do Mar desempregados menores de sesenta e cinco anos que, á data da solicitude de incorporación ao programa, reúnan os requisitos necesarios.

Requisitos:
  • Ter cumprida a idade de corenta e cinco anos.
  • Ser demandante de desemprego inscrito ininterrompidamente na Oficina do Servizo Público de Emprego Estatal durante doce ou máis meses. 
  • Ter extinguido a prestación por desemprego de nivel contributivo e/ou subsidio por desemprego de nivel asistencial establecidos no Título 3º do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, agás cando a extinción se producise por imposición de sanción e non ter dereito á protección por esta continxencia. Non se esixirá aos traballadores emigrantes retornados nin aos que acrediten a condición de vítima de violencia de xénero ou doméstica.
  • Carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do Salario Mínimo Interprofesional , excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Non ter sido beneficiario da renda activa de inserción nos 365 días naturais á data de solicitude do dereito á admisión ao programa, agás no caso dos que acrediten un grao de minuisvalía igual ou superior ao 33%, ou a condición de vítima de violencia de xénero, ou vítima de violencia doméstica.
  • Non ser beneficiario de tres dereitos ao programa de renda activa de inserción aínda que non se gozasen polo período de duración máxima da renda.
  • Outros posibles beneficiarios:

    • Traballadores que acrediten a condición de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %, sempre que reúnan todos os requisitos indicados, agás o de ser maior de 45 anos.
    • Traballadores emigrantes que retornasen do estranxeiro nos 12 meses anteriores á solicitude, traballando, como mínimo, seis meses no estranxeiro dende a súa última saída de España, sempre que reúnan todos os requisitos agás o de permanecer inscritos como demandantes de emprego nos últimos 12 meses.
    • Traballadores que teñan acreditada pola Administración competente a condición de vítima de violencia de xénero e estean inscritos como demandantes de emprego, sempre que reúnan todos os requisitos, agás o da idade e o da inscrición durante os últimos doce meses.
    • Beneficiarios de pensións de invalidez non contributivas se reúnen todos os requisitos agás o de carecer de rendas superiores en cómputo mensual ao 75% do Salario Mínimo Interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, pola percepción da pensión, sempre que acrediten que deixarán de percibila.
Contías:

80% do indicador público de rendas de efectos múltiples  vixente.

A cotización á Seguridade Social correspondente ás prestacións de asistencia sanitaria e, de ser o caso, protección á familia.

Máis información sobre contías

Prazos:

Nacemento do dereito:

  • Dende o día seguinte á solicitude.

Devindicación:

  • A renda activa de inserción percíbese a partir do día seguinte á data de solicitude de admisión ao programa.

Duración:

  • A duración máxima da renda é de 11 meses.
Impresos:

Modelo oficial de solicitude.

Documentación:
  • Solicitude oficial.
  • Identificación do solicitante e dos fillos.
  • Xustificante, no seu caso, dos ingresos obtidos no mes anterior á solicitude polo solicitante,  cónxuxe e fillos.
  • Certificado de minusvalía, só se se accede ao Programa pola condición de persoa con minusvalía.
  • Certificado da Área de Traballo das delegacións ou subdelegacións do Goberno en cada provincia se se accede ao Programa por ser traballador emigrante.
  • Sentenza xudicial, ou orde de protección xudicial, ou informe do Ministerio Fiscal ou certificado da Administración pública competente de ser vítima de violencia de xénero no caso de acceder ao programa por ser vítima de violencia de xénero.
  • Certificado da Administración competente sobre a suspensión da pensión a partir da data en que se inicie o dereito á percepción da renda activa de inserción se se é beneficiario dunha pensión de invalidez non contributiva.
  • Calquera outro que, de acordo coa normativa vixente, indique a Oficina de Emprego como necesario para o acceso ao programa de renda activa de inserción en cada caso particular.
Onde tramitalo?:

No Centro do Instituto Social da Mariña que lle corresponda polo seu domicilio, presentándose persoalmente ou por internet, a través da sede electrónica do SEPE, na seguinte dirección https://sede.sepe.gob.es 

Outros datos de interese:
Complementary Content
${loading}