Prestación de Risco durante o embarazo

Procedemento

Información xeral


Obxecto:

A prestación económica trata de cubrir a perda de rendas que se produce durante o período de suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, cando a traballadora teña que cambiar de posto de traballo ou de actividade por outra compatible co seu estado  non resulte técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

Beneficiarios/requisitos:

As traballadoras por conta allea ou propia en situación de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da súa actividade profesional por risco durante o embarazo, que cumpran os requisitos esixidos:

  • Estar afiliadas e en alta.
  • Estar ao corrente no pagamento das cotas das que sexan responsables directas.

Máis información sobre beneficiarios e requisitos

Contía:

Subsidio equivalente ao 100% da base reguladora  correspondente, que será a establecida para a prestación de IT  derivada de continxencias profesionais.

Ao efectuarse o pago deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social e as retencións por IRPF.

Máis información sobre contía

Duración/extinción:

 

 

 

O dereito ao subsidio nace dende o mesmo día que se inicia a suspensión do contrato de traballo ou o permiso por risco durante o embarazo, aboarase durante o tempo que sexa necesario para a protección da saúde da traballadora embarazada e/ou do feto e finalizará o día anterior ao de inicio do descanso por maternidade ou o de reincorporación ao posto de traballo.

O dereito extínguese:

  • Traballadoras por conta allea: Por suspensión do contrato de traballo por maternidade; por reincorporación ao posto de traballo anterior ou a outro compatible co seu estado; por extinción do contrato de traballo por causas legais; por interrupción do embarazo; por falecemento.
  • Traballadoras por conta propia: Por inicio do descanso por maternidade; por continuación da súa actividade profesional; por causar baixa no Réxime Especial da   Seguridade Social;  por interrupción do embarazo; por falecemento.

Anulación / Suspensión:

  • Actuar fraudulentamente para obter ou conservar o subsidio.
  • Realizar calquera traballo ou actividade, xa sexa por conta allea ou propia, agás nos supostos de pluriactividade.
Impresos:

Modelo de solicitude.

Documentación:

Achegaranse os documentos  necesarios para a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

Onde tramitalo:

A solicitude e documentación necesaria deberá dirixirse a calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social da Entidade xestora ou, se é o caso, á Mutua colaboradora coa Seguridade Social.
Entidade competente:

A xestión e o pagamento da prestación corresponde á Dirección Provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM),  na que teña o seu domicilio a interesada, ou á Mutua colaboradora coa Seguridade Social,  en función da Entidade que cubra os riscos profesionais.

Prazos:

O Director provincial ditará unha resolución expresa da Entidade xestora da provincia na que teña o domicilio a interesada dictará resolución expresa e notificaralla á mesma no prazo de 30 días.

O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte á do feito causante, sen prexuízo de que os efectos se produzan a partir dos 3 meses anteriores á data da solicitude. 

Máis información sobre prazos

Outros datos de interese:

 

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}