Inscrición do empresario

Procedemento

Procedemento de Inscrición do empresario

Información xeral


Obxecto:

A asignación dun número ao empresario, por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social, para a súa identificación no réxime que lle corresponde do sistema da Seguridade Social. Este número é considerado como principal Código de Conta de cotización.

Suxeitos:

Empresarios

Impresos:

Débese presentar o Modelo TA-6 para todos os Réximes, agás para o Sistema Especial de Empregados do Fogar que é o Modelo TA.6-0138_FOGAR.

Máis información sobre impresos

Documentación:

Empresario individual:

  1. Modelo oficial da solicitude.
  2. Orixinal ou copia do documento identificativo do titular da empresa, empresario individual ou titular do fogar familiar.
  3. Documento emitido polo Ministerio de Economía e Facenda asignando o Número de Identificación Fiscal no que conste a Actividade Económica da Empresa segundo CNAE -09. (non se require este documento para o Sistema Especial para Empregados de Fogar). 

Empresario colectivo e sociedades

Onde tramitalo:

Ante a Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio de actividade. Se dispón dun certificado dixital pode realizar esta solicitude a través da Sede Electrónica a través dos servizos dispoñibles para "Empresas"

Prazos:

O empresario que por vez primeira vaia contratar traballadores deberá solicitar a súa inscrición como empresa antes do inicio da actividade.

Os documentos formalizados respecto da cobertura dos riscos profesionais e da prestación económica da incapacidade temporal derivada de continxencias comúns manterán a súa vixencia polo período dun ano e entenderanse prorrogados por períodos de igual duración.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes

Complementary Content
${loading}