Comisión para a Reforma das Administracións Públicas

A Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) creouse por Acordo de Consello de Ministros do 26 de outubro de 2012. Esta Comisión foi estruturada en catro Subcomisións:

  • Duplicidades administrativas, co obxecto de identificar e eliminar duplicidades e reforzar os mecanismos de cooperación entre Administracións.
  • Simplificación administrativa, dirixida á eliminación de trabas burocráticas e a simplificación de procedementos en beneficio dos cidadáns.
  • Xestión de servizos e medios comúns coa finalidade de identificar as actividades de xestión que, por seren similares, puidesen desempeñarse de forma centralizada ou coordinada, optimizando os recursos públicos.
  • Administración institucional, focalizada na análise da tipoloxía dos entes que compoñen as Administracións Públicas e co propósito de abordar modificacións xerais e actuacións singulares sobre entidades concretas.

O Resumo Executivo do Informe da Comisión para a Reforma da Administración (CORA), ao referirse aos principios que a inspiran, e dentro da Mellora da eficiencia das Administracións Públicas mediante a Implantación do sistema de medición da eficiencia, anuncia que "se poderá publicar nas páxinas webs dos organismos o tempo de tramitación dos procedementos con maior incidencia nos cidadáns, así como as variacións neste".

A medida de CORA, 0.00.001.0: Implantación do sistema de medición da produtividade/eficiencia, ten un primeiro aspecto de execución inmediata, que é a publicación dos tempos de tramitación de 10 dos procedementos da Administración Xeral do Estado máis empregados polos cidadáns e empresas.

En execución desta medida, o INSS publica os tempos medios de tramitación referentes aos procedementos de concesión da prestación inicial de xubilación e de maternidade.

Tempos medios de tramitación dos procedementos máis empregados no INSS, por Direccións Provinciais

Complementary Content
${loading}