INGRESO MÍNIMO VITAL: O PRAZO DE SOLICITUDE INÍCIASE O 15 DE XUÑO DE 2020

O prazo para solicitar o Ingreso Mínimo Vital iníciase o luns 15 de xuño de 2020.

Para dar tempo a que os interesados poidan dispoñer da información e documentación necesarias e evitar a perda de dereitos, as solicitudes presentadas durante os tres primeiros meses (ata o 15 de setembro de 2020) terán, se son aprobadas, efectos económicos dende o 1 de xuño de 2020, sempre que os requisitos se cumpran na devandita data. En caso de non os cumprir nesa data, os efectos económicos fixaranse o día primeiro do mes seguinte a aquel en que se cumpran os requisitos.

Teña en conta que, debido á situación sanitaria, os Centros de Atención e Información da Seguridade Social permanecen pechados ao público, polo que lle recomendamos que utilice, a partir de 15 de xuño de 2020, os servizos electrónicos da Sede electrónica da Seguridade Social para presentar as súas solicitudes.

Complementary Content
${loading}