Proteccion de datos del Instituto Nacional de la Seguridad Social

INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS RESPONSABLE DO TRATAMENTO
RESPONSABLE DO TRATAMENTO Quen é o responsable do tratamento dos seus datos persoais?

 

Instituto Nacional da Seguridade Social

C/ Padre Damián, 4

CP 28036 Madrid, ESPAÑA

https://sede.seg-social.gob.es

DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Como pode contactar co Delegado de Protección de Datos?

 

Dirección do Servizo Xurídico de Administración da Seguridade Social

C/ Sagasta, 13 sexta planta

CP 28004 Madrid, ESPAÑA

delegado.protecciondatos@seg-social.es

FINALIDADE DO TRATAMENTO

Para que utilizaremos os seus datos?


Os seus datos serán tratados coa finalidade principal de resolver esta solicitude e de xestionar, se é o caso, a prestación recoñecida.

O tratamento dos seus datos de contacto terá como finalidade a realización de comunicacións e remisión de información en materia de Seguridade Social.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres sexan necesarios para xestionar a súa prestación ou as dos seus posibles beneficiarios así como para outros fins de arquivo e estatística pública.

LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?


O tratamento dos datos realizarase sobre a base do exercicio de poderes públicos autorizado por unha norma legal (Art. 66, 71, 72, 77 e concordantes Real decreto 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, en diante, TRLGSS).

Polo que respecta ás comunicacións e envío de informacións en materia de Seguridade Social, o tratamento virá lexitimado polo seu consentimento. A negativa a outorgalo supoñerá que non poderá recibir este tipo de envíos, se ben, non impedirá que lle poidamos informar polas devanditas canles do estado das súas solicitudes. Tamén lle informamos de que non está obrigado a facilitar o seu enderezo de correo electrónico e número de teléfono móbil e que, en caso de non llos facilitar, non impedirá o trámite da súa solicitude.

DESTINATARIOS DE CESIÓNS OU TRANSFERENCIAS

A quen comunicaremos os seus datos?


Os datos persoais obtidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social no exercicio das súas funcións teñen carácter reservado e só se utilizarán para os fins encomendados legalmente, sen que poidan ser cedidos ou comunicado a terceiros, agás que a cesión ou comunicación teña por obxecto algún dos supostos previstos expresamente no artigo 77 do TRLGSS así como nos supostos indicados en calquera outra norma de rango legal.

Se se trata dunha solicitude baseada en normativa internacional, os seus datos poderán ser cedidos aos organismos estranxeiros competentes para o trámite da súa solicitude.

DEREITOS DAS PERSOAS INTERESADAS

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?


Respecto dos datos persoais proporcionados, pode exercitar en calquera momento e nos termos establecidos pola normativa de protección de datos os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición, ou ben retirar o consentimento prestado ao seu tratamento nos casos que fose requirido, todo iso mediante escrito presentado nun Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) ou, por correo postal ou a través da sede electrónica da Seguridade Social, ante o Delegado de Protección de Datos cuxos datos se encontran no segundo apartado desta táboa.

Informámoslle de que en caso de considerar que o seu requirimento non foi atendido oportunamente, ten a posibilidade de presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

PROCEDENCIA

Como obtemos os seus datos persoais?


Ademais dos datos facilitados por vostede na súa solicitude solicitamos outros datos persoais doutras administracións e entidades en cumprimento da normativa e co fin de axilizar e facilitar a actuación administrativa. Estes accesos a datos están amparados en normas con rango de lei.


Complementary Content
${loading}