Normas de uso de Twitter

A conta de Twitter da Tesouraría Xeral da Seguridade Social está destinada a dar información aos usuarios desta rede social.

Esta conta ten como obxectivo, ademais de ser unha canle de información e de comunicación, a resolución de consultas, incluídas as recibidas por mensaxe directa. Os textos que ofrece esta conta carecen de validez xurídica dado o seu carácter meramente informativo. Para fins xurídicos, deberán consultarse os textos publicados nos Boletíns e Diarios Oficiais. Así mesmo, realizamos os esforzos precisos para evitar erros e, se é o caso, reparalos ou actualizalos o antes posible, pero non podemos garantir a súa inexistencia.

Agradecemos os comentarios e as achegas que os cidadáns desexen realizar. Os comentarios e mensaxes recibidas corresponden a opinións individuais e non representan as opinións desta Administración.

Propoñemos unhas normas básicas de participación:

  • Utilice sempre unha linguaxe correcta e educada.
  • Respecte a privacidade dos demais.

O equipo de contidos resérvase o dereito a reportar a Twitter actuacións abusivas por parte dos usuarios, así como a bloquear aqueles que incorran en comportamentos tales como:

  • Expresións irrespectuosas, difamatorias ou abusivas.
  • Ligazóns a páxinas que conteñan contido daniño ou perigoso para outros usuarios.
  • SPAM ou publicidade doutras marcas, produtos ou servizos.
  • Datos persoais alleos ao autor do comentario.
  • Reiteracións ou comentarios repetidos.

Respecto ao seguimento de usuarios da rede social, a política desta conta é, dado o seu carácter institucional e co fin de facilitar a súa xestión, seguir unicamente contas de institucións e organismos nacionais e internacionais.

Complementary Content
${loading}