Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral. Novos servizos para a xestión por medios electrónicos, Sede Electrónica e Sistema RED.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) deseña novos servizos electrónicos que permiten realizar de forma telemática os trámites relacionados coas solicitudes de alta, baixa, variación de datos e eliminación de movementos previos dos traballadores encadrados no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral.

Que se pode xestionar?

Alta no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

A través deste servizo formalízase a baixa do empregado de fogar no Sistema Especial  para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

No trámite da alta deben cubrirse os datos relativos ao exercicio da actividade laboral que faciliten á Tesourería Xeral da Seguridade Social unha información completa sobre esta. Entre outros, debe incluír os datos do empregador (Código de Conta de Cotización [CCC], domicilio, número de conta bancaria onde se domiciliará o ingreso das cotizacións, etc.), do empregado (DNI, Número de Seguridade Social [NUSS], domicilio, etc.) e da relación laboral (data de inicio da actividade, tipo de contrato, retribución do empregado, xornada laboral contratada, etc.).

Baixa no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

A través deste servizo formalízase a baixa do empregado de fogar no Sistema Especial para Empregados de Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, comunicando a finalización da relación laboral.

Variación de datos no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

Mediante este servizo é posible comunicar as variacións de datos que se producisen en canto ao tipo de contrato, a retribución, etc. Ademais, o servizo permite corrixir determinados datos que fosen comunicados de forma errónea, facilitando a súa correcta información.

Eliminación de altas/baixas previas de traballadores no Sistema Especial para Empregados de Fogar.

É un servizo adicional que permite anular as altas e as baixas previas no Sistema Especial para Empregados de Fogar. Opera nos supostos nos que o empregado finalmente non inicie a actividade ou conclúa a relación laboral con posterioridade ao previsto inicialmente. 
Unicamente pode realizarse a eliminación antes das datas de alta ou baixa comunicadas para o inicio ou a finalización da relación laboral.

En que prazos deben xestionarse as solicitudes?

Para tramitar as solicitudes relacionadas con estes servizos telemáticos, os prazos son os seguintes:

  • Solicitude de alta do empregado de fogar: deberá presentarse con antelación ao inicio da actividade laboral (ata 60 días antes).
  • Solicitude de baixa do empregado de fogar: comunicarase no prazo dos 3 días naturais seguintes á data de finalización da relación laboral.
  • Solicitude de Variación de datos: comunicarase no prazo dos 3 días naturais seguintes á data en que a variación se producise.

Requisitos necesarios para completar a xestión a través destes servizos.

É necesario dispoñer do Código de Conta de Cotización do empregador e do Número de Seguridade Social do empregado.

Se non se dispón do CCC do empregador ou do NUSS do empregado, poderanse obter na Sede Electrónica da Seguridade Social a través do servizo de Inscrición e asignación de CCC para empresario individual e do servizo de Asignación de número de Seguridade Social.

Se o autorizado RED ten asignado o Número de Afiliación (NAF) do empregador poderá solicitar o Código de Conta de Cotización deste a través do Sistema RED mediante o Servizo de Inscrición de CCC de empresario individual.

Quen pode xestionar estas solicitudes?

  • Empregador ou cabeza de familia que empregue ou xa teña contratado un traballador que realice tarefas domésticas ou coide dos membros da familia.
  • Empregado de fogar cuxa prestación de servizos sexa inferior a 60 horas mensuais, sempre que o acordase previamente co empregador.
  • Autorizado RED que actúe en representación do empregador.

Onde se encontran os servizos?

Están situados na Sede Electrónica da Seguridade Social (SEDESS) e no Sistema RED.

Na Sede Electrónica

Polo Sistema RED

  • A través dun autorizado RED que teña asignado o NAF do empregador ou o seu Código de Conta de Cotización correspondente ao Sistema Especial para Empregados de Fogar.

Soporte e atención

A través do servizo de atención telefónica (901 502 050), a TGSS resolve as dúbidas e consultas que poidan presentarse aos usuarios sobre servizos telemáticos.

Ligazóns de interese

Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos. Descargar documento Tríptico Sistema Especial de Empregados de Fogar. Servizos electrónicos.. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,480 KB) 28/06/2017
Complementary Content
${loading}