Histórico de notificacións: nova funcionalidade do servizo "Consulta e sinatura de notificacións telemáticas"

O ‘Histórico de notificacións’ permite consultar as notificacións unha vez transcorrido o prazo de dez días naturais dende a súa posta a disposición na Sede Electrónica da Seguridade Social (SEDESS)

A Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS) pon a disposición dos usuarios un novo apartado, ‘Histórico de notificacións’, dentro do servizo Consulta e sinatura de Notificacións Telemáticas. Neste apartado móstranse as notificacións que xa non se encontran dispoñibles na SEDESS para a súa sinatura por ter finalizado o prazo de dez días naturais para acceder ao seu contido. O histórico unicamente permite a busca de notificacións publicadas na SEDESS nos últimos dous anos. Só é posible a consulta de documentos e o seu estado, non a súa sinatura, polo que o acceso ás notificacións neste apartado non ten ningún efecto xurídico.

A quen vai dirixido

Ao estar integrado no servizo de ‘Consulta e sinatura de notificacións telemáticas’, o ‘Histórico de notificacións’ pode ser utilizado por dous tipos de usuarios:

  1. Receptor principal: A persoa, xa sexa física ou xurídica, á que vai dirixida a notificación
  2. Receptor secundario: O seu xestor ou representante. Este pode ser, á súa vez, de dúas clases:
    • Autorizado RED
    • Apoderado

Funcionamento do "Histórico de Notificacións"

O ‘Histórico de Notificacións’ ofrece dous buscadores para facilitar a consulta dos usuarios:

  • Buscador simple: permite filtrar os documentos por tipo de destinatario (Réxime-CCC, NIF, NAF e CIE) e o seu número.
  • Busca avanzada: permite realizar consultas máis acoutadas, filtrando as notificacións segundo a data de posta a disposición na Sede Electrónica, estado da notificación, tipo de procedemento, etc.

Situación do servizo

O servizo ‘Consulta e sinatura de notificacións telemáticas’, no que se encontra integrado o ‘Histórico de notificacións’, está dispoñible na Sede Electrónica da Seguridade Social, na ruta: Inicio > Notificacións telemáticas > Consulta e sinatura de notificacións telemáticas.

Para acceder é necesario dispoñer dun certificado dixital.

Complementary Content
${loading}