Informe de Vida Laboral de Empresa

A información máis relevante sobre a cotización á Seguridade Social das empresas no ano 2018.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social remite ás empresas que en 2018 realizaron as súas liquidacións de cotas a través do Sistema de Liquidación Directa, información relevante respecto da súa situación laboral e de cotización no mencionado ano.

Obxectivo do informe

A Tesourería Xeral da Seguridade Social ten como obxectivo facilitar ás empresas a información máis relevante sobre a súa cotización á Seguridade Social.

O Sistema de Liquidación Directa, que na actualidade utilizan case a totalidade das empresas, ademais de supoñer un avance na simplificación da obriga de cotizar, permite proporcionar maior información sobre as cotizacións á Seguridade Social, incidindo no detalle dos importes e cálculos realizados para cada traballador, o que supón unha mellora na transparencia do sistema.

A quen vai dirixido o informe

A empresas con traballadores en alta en 2018, sempre que presentasen as súas liquidacións de cotas durante todo o ano 2018 mediante o Sistema de Liquidación Directa.

Máis información

Pode descargar, para facilitar a súa comprensión, a nota explicativa na que se describe con detalle cada un dos apartados en que se estrutura o informe, o glosario de termos que aparecen na Vida Laboral, así como a carta remitida con esta información.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Nota explicativa Descargar documento Nota explicativa. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,263 KB) 05/12/2019
Glosario de termos Descargar documento Glosario de termos. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,223 KB) 10/01/2020
Carta Descargar documento Carta. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,9139 KB) 05/12/2019

Onde podo dirixir as miñas consultas

Pode realizar as súas consultas a través de:

Lembre

É importante que a empresa comunique os seus datos de contacto: teléfono móbil e correo electrónico a través do servizo da Sede Electrónica da Seguridade Social situado no apartado Empresas/Afiliación e Inscrición/Comunicación de teléfono e correo electrónico do empresario, co obxecto de recibir comunicacións e información.

Que información contén

A Vida Laboral de Empresa ofrece información acerca das liquidacións de cotas á Seguridade Social presentadas no ano 2018, as cotas calculadas pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e as cotas ingresadas pola empresa.

Mostra a evolución da cotización e do número de traballadores en alta nos distintos meses do ano 2018.

Así mesmo inclúe información específica sobre bases de cotización e deducións, os importes dos conceptos retributivos aboados aos seus traballadores e a situación da empresa en relación co ingreso das cotas á Seguridade Social.

Acceso ao informe

As empresas poden consultar ou descargar este informe na Sede Electrónica da Seguridade Social, dentro do apartado “Notificacións Telemáticas”, a través da opción “Comunicacións Telemáticas”.

Complementary Content
${loading}