Categoría:
> Tema:
A certificación médica de que as condicións do posto de traballo poden influír negativamente na saúde da traballadora e/ou do feto será expedida, con carácter xeral, polos servizos médicos do INSS, do ISM ou da Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, en función da Entidade coa que se teña concertada a cobertura dos riscos profesionais.
O procedemento iníciase a instancia da interesada, mediante un informe que deberá solicitarse ao facultativo do Servizo Público de Saúde. O devandito informe deberá acreditar a situación de embarazo e a data probable do parto.
Ademais, as traballadoras por conta allea, achegarán un certificado da empresa sobre a actividade desenvolvida e as condicións do posto de traballo e, as traballadoras por conta propia, unha declaración sobre a actividade desenvolvida, así como sobre a inexistencia dun traballo ou función en tal actividade, compatible co seu estado, que esta pode levar a cabo.