Categoría:
> Tema:
É compatible co traballo do orfo menor de 21 anos ou maior de idade que teña reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
Se se trata de orfos maiores de 21 anos e menores de 25 anos non incapacitados, a pensión de orfandade será compatible cun traballo lucrativo por conta propia ou allea sempre e cando os ingresos que obteña non superen, en cómputo anual, o 100 % do SMI tamén en cómputo anual, incluídas as dúas pagas extraordinarias.
Se o orfo presenta unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33 %, poderá ser beneficiario ata os 25 anos, sempre que non efectúe un traballo ou cando, realizándoo, os ingresos resulten inferiores en cómputo anual á contía vixente do SMI.
Se durante o ano natural se alternan períodos de traballo e de inactividade, o dereito manterase en tanto non se supere o límite establecido.