Ingreso Mínimo Vital

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

5. Que pasa se esquecín enviar coa miña solicitude algún documento necesario?

Dende o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) poñerémonos en contacto con vostede para indicarlle a documentación necesaria para resolver a súa solicitude e darlle un prazo para presentala.

Para axilizar as xestións é moi importante que nos indique na súa solicitude un número de teléfono ou enderezo de correo electrónico para poder comunicarnos con vostede, ademais do enderezo do seu domicilio habitual.


11. Todos os membros da unidade de convivencia deben ter residencia legal en España?

Si, tanto se se trata dun beneficiario individual coma dos membros dunha unidade de convivencia, todos deben acreditar residencia legal e efectiva en España de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano anterior a presentar a solicitude, con excepción de:

  • Os menores incorporados á unidade de convivencia por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.
  • As mulleres vítima de violencia de xénero.

12. Perdo a miña condición de residente en España se viaxo ao estranxeiro?

A residencia habitual en España mantense aínda que haxa estancias no estranxeiro que non superen os 90 días cada ano natural ou sexan debidas a causas xustificadas de enfermidade.

A saída e estancia no estranxeiro de calquera membro da unidade de convivencia debe ser comunicada previamente ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) indicando a duración desta.

O incumprimento da obriga de comunicar ao INSS as ausencias ou desprazamentos  superiores a tres meses darán lugar á suspensión do pagamento da prestación, sen prexuízo de que leve consigo as sancións oportunas e a obriga de reintegrar as prestacións percibidas.

13. Como se paga a prestación?

O pagamento da prestación será mensual e efectúase por transferencia bancaria a unha conta do titular da prestación.

O ingreso mínimo vital é intransferible. Non poderá ofrecerse en garantía de obrigas, nin ser obxecto de cesión total ou parcial, compensación ou desconto, retención ou embargo, salvo as compensacións que se poidan realizar nos pagamentos polo INSS en caso de percibir contías superiores ás que correspondesen de acordo aos criterios e requisitos de fixación dos importes a percibir.

15. Podo percibir a asignación económica por fillo ou menor a cargo e o ingreso mínimo vital?

Ambas as dúas prestacións son incompatibles.

A partir da entrada en vigor do real decreto-lei polo que se establece o ingreso mínimo vital non poderán presentarse novas solicitudes para a asignación económica por fillo ou menor a cargo do sistema da Seguridade Social que quedará a extinguir. Non obstante, se non puido presentar a súa solicitude de asignación económica por fillo ou menor a cargo, durante o período do estado de alarma, poderá presentala nos trinta días naturais seguintes á entrada en vigor do ingreso mínimo vital, sempre que nos indique expresamente a data na que tiña intención de presentala.

Se está a percibir actualmente a citada asignación, é posible que o INSS durante a segunda quincena de xuño lle comunique de oficio a conversión desta asignación ao ingreso mínimo vital. Esta conversión realizarase sempre que de acordo cos datos que a Entidade Xestora posúe da súa unidade familiar, o importe do ingreso mínimo vital sexa igual ou máis favorable. Non obstante, poderá optar por manter a asignación económica, comunicando ao INSS a súa decisión, unha vez reciba a comunicación de conversión entre prestacións que se lle envíe ao seu domicilio.


16. Se son beneficiario do ingreso mínimo vital, teño que pagar a achega para os medicamentos?

Non, as persoas beneficiarias do ingreso mínimo vital encóntranse exentas da achega dos usuarios á prestación farmacéutica ambulatoria.


Complementary Content
${loading}