Incapacidade temporal: información para empresas

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

1. No suposto de que un traballador notifique un illamento preventivo por COVID-19 e non acuda ao seu posto de traballo, sen que a empresa teña constancia da existencia dun parte de baixa, como procederá a devandita empresa?

  • A empresa poderá poñerse en contacto coa Inspección Médica do Servizo Público de Saúde para que esta emita, se é o caso, o parte de baixa por enfermidade común correspondente. Nestes casos, para efectos económicos tratarase este suposto como derivado de accidente de traballo e de acordo aos diagnósticos que identifican estes procesos relacionados co COVID-19.
  • Máis información no Boletín de Noticias Red 3/2020 do 13 de marzo de 2020 (ligazón).


2. A empresa ten que comunicar por sistema DELT@ os procesos de baixa médica nos casos de COVID-19?

  • Non, dado que a continxencia é enfermidade común, con independencia de que o seu tratamento para os efectos da prestación económica sexa como derivada de accidente de traballo.
  • Non obstante, excepcionalmente, nos casos nos que a enfermidade fose contraída con causa exclusiva na realización do traballo, nos termos contidos na Lei Xeral da Seguridade Social, si será considerada continxencia de accidente de traballo para todos os efectos e, nese caso, si deberá comunicarse polo sistema DELT@, como se vén realizando habitualmente.


5. Como procederá a empresa se un traballador o informa da existencia dun proceso de incapacidade temporal por COVID-19, sen achegarlle o parte de baixa?

  • Os efectos da  existencia do proceso de incapacidade temporal só existirán cando  o parte fose expedido polo Servizo Público de Saúde competente.
  • A empresa debe verificar con periodicidade diaria a existencia dos partes de baixa, confirmación ou alta expedidos polos Servizos Públicos de Saúde respecto dos seus traballadores no Servizo INSS-EMPRESAS (FIE), sen necesidade de esperar a que o traballador lle achegue a copia dos citados partes, información que prevalecerá sobre calquera outra recibida ata ese momento.
  • As empresas poden acceder ao Servizo FIE INSS-EMPRESAS na páxina web da Seguridade Social na seguinte ligazón.


6. A partir de que momento a empresa deberá aboar a prestación no caso de procesos de incapacidade temporal por COVID-19?

  • En tanto non se emita o parte médico de baixa, non se iniciarán as actuacións da empresa tendentes á suspensión da relación laboral e ao recoñecemento do dereito á prestación económica por incapacidade temporal.
  •  Se a empresa ten un parte de baixa achegado polo traballador, debe actuar atendendo á data de baixa, indicador de recaída e continxencia que figure neste.
  • Non obstante, a empresa debe verificar con periodicidade diaria a existencia dos partes de baixa, confirmación ou alta expedidos polos Servizos Públicos de Saúde respecto dos seus traballadores no Servizo INSS-EMPRESAS (FIE), sen necesidade de esperar a que o traballador lle achegue a copia dos citados partes. A información que consta no Servizo INSS-EMPRESAS (FIE) prevalecerá sobre calquera outra recibida ata ese momento.
  • A empresa deberá aboar a prestación á persoa traballadora a partir dese momento, e dende a data de baixa inicial, como derivada de accidente de traballo.
  • As empresas poden acceder ao Servizo FIE INSS-EMPRESAS na páxina web da Seguridade Social na seguinte ligazón.

 


7. Como procederá o INSS cando reciba do Servizo Público de Saúde un parte de baixa dun proceso por COVID-19?

  • No momento no que no INSS reciba a copia do parte de baixa emitido polo Servizo Público de Saúde por continxencias comúns, automaticamente transformará nas súas aplicacións informáticas e bases de datos a continxencia a accidente de traballo.  
  • A información indispensable para a tramitación destes procesos será comunicada a todos os interlocutores que teñen competencia neles (empresa, ISM, Mutuas Colaboradoras da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social).
  • Esta transformación automática xerará unha comunicación á empresa, a través do ficheiro FIE INSS-EMPRESAS, comunicación que prevalece sobre calquera outra información.  
  • As empresas poden acceder ao Servizo FIE INSS-EMPRESAS na páxina web da Seguridade Social na seguinte ligazón.    

8. Como se aplica a normativa de protección de datos das comunicacións á empresa?

De acordo á normativa de protección de datos, en ningún caso se facilita ás empresas ou aos seus representantes información sobre a natureza patolóxica ou diagnóstico dun proceso de incapacidade temporal que afecte a unha persoa traballadora, polo que no FIE INSS-EMPRESAS non constará en ningún caso esa información.


Complementary Content
${loading}