Incapacidade temporal: información para traballadores

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

1. Como se considerarán os períodos de illamento preventivo nos procesos de COVID-19?

Estes períodos consideraranse como incapacidade temporal por enfermidade común, con independencia do seu tratamento de cara á prestación económica como asimilación excepcional á continxencia de accidente de traballo.


2. Quen emitirá os partes de baixa, confirmación e alta nos procesos de COVID-19? Cal será a continxencia a comunicar nestes supostos?

  • A emisión dos partes de baixa, confirmación e alta corresponderá ao Servizo Público de Saúde da Comunidade Autónoma, á que estea vinculado o traballador en función do seu domicilio.
  • A pesar de ser expedidos como enfermidade común serán tratados, só para efectos económicos, como os supostos derivados de accidente de traballo.


4. A que entidade corresponde o pagamento da incapacidade temporal nestes supostos?

  • O salario íntegro do día da baixa estará a cargo do empresario, con independencia de que houbese ou non, prestación laboral efectiva o día da baixa médica.
  • A partir do día seguinte, a incapacidade temporal estará a cargo da entidade que protexa a continxencia profesional dos traballadores da empresa.


5. Quen será a encargada de prestar a asistencia sanitaria e realizar o control de partes nestes supostos?

A asistencia sanitaria e o control de partes realizarase polo Servizo Público de Saúde.

6. Cal será a data do feito causante da incapacidade temporal por COVID-19? Que acontece cos casos anteriores á entrada en vigor do RDL 6/2020, do 10 de marzo?

  • A data do feito causante será aquela na que se acorde o illamento ou enfermidade do traballador, sen prexuízo de que o parte de baixa se expida con posterioridade a esa data.
  •  Para aqueles períodos de illamento ou enfermidade que se producisen con anterioridade á entrada en vigor do  Real Decreto-Lei 6/2020, do 10 de marzo (data de entrada en vigor: 12 de marzo 2020), a aplicación do anterior producirase de forma retroactiva á data na que se acordase o illamento ou se diagnosticase a enfermidade. De maneira que a prestación económica por incapacidade temporal que se causase naquel primeiro momento deberá considerarse como situación asimilada a accidente de traballo.


Complementary Content
${loading}