1. É o mesmo que o “paro” dos autónomos vixente dende 2010? Cal é a súa duración?
Non, trátase dunha prestación diferente e extraordinaria, recollida no Real Decreto-Lei 8/2020, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do Covid-19 (ARTIGO 17), posto que, entre outras cuestións, modificáronse contía, duración e requisitos de acceso a esta co obxectivo de que poida acollerse un maior número de beneficiarios.
A vixencia está limitada a un mes a partir da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, polo que se declarou o estado de alarma para a xestión da crise ocasionada polo Covid-19.
En todo caso, se o estado de alarma se prorrogase máis alá do mes de duración inicial, a prestación finalizará o último día do mes en que se finalice o devandito estado de alarma.