Durante o período de vixencia das medidas extraordinarias, non se interromperá o pagamento do subsidio e da cotización á Seguridade Social aínda cando a presentación da preceptiva declaración anual de rendas se realice fóra do prazo establecido legalmente.
Tal como establece a disposición final décima do Real Decreto-Lei 8/2020, do 17 de marzo, esta medida manterase en vigor ata un mes despois do fin da vixencia da declaración do estado de alarma, salvo que o Goberno decidise prorrogala mediante real decreto-lei.
Durante o período sinalado no parágrafo anterior, o pagamento dos subsidios para maiores de 52 anos e a cotización á Seguridade Social manterase polo ISM aínda que os seus beneficiarios non realicen a declaración anual de rendas. Isto aplicarase a todos aqueles subsidios nos que os doce meses dende a data do nacemento do dereito ou dende a data do seu último restablecemento se cumprisen o día 23 de febreiro de 2020 ou con posterioridade.
Transcorrido o período citado as persoas beneficiarias do subsidio para maiores de 52 anos deberán presentar a declaración anual de rendas nos termos establecidos no artigo 276.3 do TRLGSS. No caso daquelas persoas que debesen presentar a declaración durante a vixencia do estado de alarma, citaráselles para formalizar a devandita declaración.