1. Que debo facer se necesito obter un certificado electrónico ou o meu certificado caducou despois do 14 de marzo?
Informámoslle que as autoridades de certificación están a analizar a posibilidade de renovación telemática de certificados que caducaron despois do 14 de marzo e o uso de medios de rexistro non presencial, baseados en videoidentificación. Isto eliminaría a obriga de comparecer nunha oficina para a obtención do certificado ou para a súa renovación se este caducase. Consulte a páxina web das autoridades de certificación admitidas.
A FNMT permite a renovación on line de certificados de persoa física que caducaron a partir do 14 de marzo.