1. Que supón a restablecemento do cómputo dos prazos dos procedementos administrativos que foron suspendidos na declaración do estado de alarma?
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, estableceu a suspensión do cómputo dos prazos administrativos a partir do día 15 de marzo. Agora o Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma establece que, con efectos dende o 1 de xuño de 2020, o cómputo destes prazos restablecerase, ou reiniciarase, se así se previñese nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas (art. 9). Isto supón que os prazos administrativos suspendidos o día 15 de marzo continuarán computándose a partir do día 1 de xuño, ou se iniciarán novamente cando así o establecese unha norma con rango de lei aprobada durante este período.
Así mesmo, con efectos dende o 4 de xuño de 2020, alzarase a suspensión dos prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións no ámbito administrativo. (art. 10)