Aprazamentos de pago

Como solicitar un aprazamento de pago?

Para o pagamento dunha débeda coa Seguridade Social existe a posibilidade de solicitar un aprazamento, que lle será concedido sempre que se reúnan unha serie de condicións. Para solicitalo existe un modelo de solicitude que lle entregarán en calquera das Administracións da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, onde ademais o informarán e resolverán cantas dúbidas teña ao respecto. O máis práctico é que se dirixa vostede á Administración onde ten a débeda e xestionar nela o aprazamento. O prazo máximo para a amortización da débeda é de cinco anos, pero dependerá do importe da débeda e das circunstancias existentes que se conceda o máximo ou un inferior. A súa concesión dará lugar á devindicación de xuros, conforme o xuro legal do diñeiro.

Se dispón dun certificado dixital pode realizar a súa solicitude a través do trámite Aprazamento no pagamento de débedas á Seguridade Social no Rexistro Electrónico de Solicitudes da Sede Electrónica da Seguridade Social.

¿Que documentos recoñece a Administración como fiables para fundamentar a petición de solicitude de aprazamento?

Non existe unha listaxe de documentos. A Administración pode solicitar documentación económica do solicitante dependendo do complexo que sexa o expediente, do importe da débeda, da natureza do suxeito responsable, |Etc. 

A solicitude de aprazamento da débeda pódese presentar cando o suxeito presupoña que a súa situación económico-financeira lle vaia impedir efectuar o ingreso das súas débedas nos prazos e nos termos que estableza a lei?

Pode solicitar o aprazamento das débedas que estean en prazo regulamentario de ingreso. O que non pode solicitar é o aprazamento de cotas futuras cuxo prazo regulamentario de ingreso aínda non chegou.

Complementary Content
${loading}