Risco durante a lactación natural

En que consiste?

Consiste en considerar como situación protexida o período de suspensión do contrato de traballo ou de interrupción da actividad, nos supostos en que, debendo cambiar a muller traballadora de posto de traballo, cando o desempeño deste pode influír na súa saúde ou na do fillo debido á existencia de determinados riscos ou patoloxías, o devandito cambio non resulte obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

Cando non se considera protexida a situación de risco?

Non se considerará situación protexida a derivada de riscos ou patoloxías que poidan influír negativamente na saúde da traballadora ou do fillo, cando non estea relacionada con axentes, procedementos ou condicións de traballo do posto ou actividade desempeñados.

Que requisitos se esixen para ser beneficiaria?

Serán beneficiarias do subsidio as traballadoras  en situación de suspensión do contrato de traballo, ou da actividade, por risco durante o embarazo, sempre que estean afiliadas e en alta nalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social na data en que se inicie a devandita suspensión.

Ademais, as traballadoras que sexan responsables directas diso, deberán estar ao corrente no pagamento das cotas.

Que ocorre se a traballadora non ten cubertos os riscos profesionais?

No caso das traballadoras por conta propia que non tivesen efectuado a opción pola cobertura de continxencias profesionais, a prestación concédese como derivada de continxencia común.

Que ocorre coas situacións sobrevidas estando a traballadora en situación de pluriemprego ou pluriactividade?

Cando a traballadora se encontre nalgunha destas dúas situacións, haberá que ter en conta se o risco se ocasiona en todas as actividades que vén realizando ou só nunha delas. 

Cal é a contía da prestación?

A contía é o 100 % da base reguladora, que será equivalente á que está establecida para a prestación de IT derivada de continxencias profesionais ou, se é o caso, equivalente á establecida para a prestación por IT derivada de continxencias comúns, cando o réxime de que se trate non considere a cobertura das continxencias profesionais, tomando como referencia a data en que se inicie a suspensión do contrato de traballo ou do cesamento de actividade.

Ao efectuarse o pagamento, deduciranse os importes por cotizacións á Seguridade Social (traballadoras por conta allea) e, se é o caso, as retencións que procedan por IRPF.

Cando se inicia?

  • Traballadoras por conta allea: o dereito ao subsidio nace dende o mesmo día en que se inicie a suspensión do contrato de traballo por risco durante a lactación natural, sempre tras a emisión da certificación médica de risco polos servizos médicos competentes.

 

  • Traballadoras por conta propia: o día seguinte a aquel en que se emite a certificación médica de risco polos servizos médicos competentes, aínda que os efectos económicos non se producirán ata a data do cesamento efectivo na actividade profesional.

Cal é a súa duración?

Aboarase durante o período necesario para a protección da saúde da traballadora e/ou do fillo e finalizará no momento en que o fillo faga 9 meses, agás que a traballadora se incorporase con anterioridade ao seu posto de traballo, ou actividade profesional anterior, ou a outro/outra compatible coa súa situación.

Cal é a duración nos supostos de traballadoras contratadas a tempo parcial?

O subsidio aboarase ás traballadoras contratadas a tempo parcial durante todos os días naturais en que se manteña a suspensión do contrato de traballo por risco durante a lactación natural, agás que a traballadora se incorporase con anterioridade  ao seu posto de traballo  ou  a outro compatible coa súa situación.

Cando se extingue?

  • Cando o fillo fai os 9 meses de idade.
  • Pola reincorporación da muller traballadora ao seu posto de traballo ou actividade profesional anterior ou a outros compatibles co seu estado.
  • Por extinción do contrato de traballo en virtude das causas legalmente establecidas (conta allea) ou por causar baixa no réxime especial da Seguridade Social no que a traballadora estivese incluída.
  • Por interrupción da lactación natural.
  • Por falecemento da beneficiaria ou do fillo lactante.

Quen xestiona e paga a prestación?

Con carácter xeral, a xestión e o pagamento da prestación correrá a cargo da Entidade xestora (INSS  ou ISM ) ou colaboradora (Mutuas) en función da entidade coa que a empresa ou a traballadora teña concertada a cobertura de riscos profesionais.

Nos casos de traballadoras do réxime especial de autónomos que non teñen cubertas as continxencias profesionais, será responsable e aboará a prestación a entidade xestora (INSS) ou colaboradora (Mutua) que teña cuberta a IT por continxencias comúns.

 

Complementary Content
${loading}