Prescrición - Caducidade

Cando se produce a prescrición do dereito ás prestacións da Seguridade Social?

O dereito ao recoñecemento das prestacións prescribe aos cinco anos, contados desde o día seguinte a aquel no que teña lugar o feito causante da prestación da que se trate, sen prexuízo de que os efectos dese recoñecemento se produzan a partir dos tres meses anteriores á data na que se presente a correspondente solicitude.

Non prescriben as pensións de xubilación, viuvez, orfandade e en favor de familiares.

Caducan as prestacións da Seguridade Social?

O dereito á percepción de prestacións recoñecidas caduca ao ano de non facerse efectivas:

  • Se se trata de prestacións a prezo fixado e por unha soa vez, caducan ao ano, contado desde o día seguinte ao de serlle notificada en forma a súa concesión ao interesado.

  • Se se trata de prestacións de pagamento periódico, o dereito á percepción de cada mensualidade caduca ao ano do seu respectivo vencemento.
Complementary Content
${loading}