Beneficiarios/ Requisitos

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Maternidade biolóxica. Que requisitos debe de reunir o outro proxenitor para que poida gozar dunha parte do período posterior ao parto?

  • Esíxense os requisitos considerados con carácter xeral e que a nai figure de alta no Sistema da Seguridade Social.

  • Ademais, a nai, ao iniciarse o período de descanso, ten que optar por que o outro proxenitor goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ao parto, de forma simultánea ou sucesiva co seu, e do que poderá seguir gozando aínda que na data de incorporación da nai esta se encontre en situación de incapacidade temporal. A nai poderá revogar a devandita opción, mediante escrito presentado ante a Dirección provincial do INSS , se sobreviñesen feitos que fagan inviable a aplicación desta, tales como ausencia, enfermidade ou accidente do pai, abandono de familia, separación ou outras causas análogas.

  • A prestación concederase a cada un na contía que corresponda.

Maternidade biolóxica. Se a nai non traballa, o outro proxenitor ten dereito ao gozo da prestación?

Cando a nai non traballa, e non está incluída nun réxime do sistema da Seguridade Social, non pode  trasladar ao outro proxenitor o dereito a unha parte do descanso por maternidade.

Non obstante, se se producise o falecemento da nai, con independencia de que esta realizase ou non algún traballo, o outro proxenitor terá dereito á prestación económica por maternidade durante todo o período de descanso, sempre que reúna os requisitos esixidos.

Maternidade biolóxica. Nos casos en que a nai non tivese dereito ao gozo da prestación contributiva por non acreditar o período mínimo de cotización, pode percibila o outro proxenitor?

Si. Cando  a nai traballadora non reúne o período mínimo de cotización requirido e se lle recoñece o subsidio de natureza non contributiva, o outro proxenitor, a opción da nai, poderá percibir o subsidio de natureza contributiva, durante o período de descanso que corresponda, descontando a duración e o incremento do subsidio de natureza non contributiva que, se é o caso, tería correspondido á nai e sempre que aquel acredite os  requisitos esixidos.

A opción polo gozo do permiso en favor do outro proxenitor deberá realizala a nai ao inicio do descanso.

Maternidade biolóxica. Se falece a nai durante o parto, que dereitos asisten ao outro proxenitor?

En caso de falecemento da nai, durante o parto ou con posterioridade, o outro proxenitor poderá ser beneficiario da prestación por todo o período de descanso, ou pola parte que quedara por gozar, computado dende a data do parto, e sen que se desconte a parte que a nai tivese podido percibir con anterioridade a este, sempre  que acredite os requisitos esixidos e aínda cando a nai non estivese incluída no sistema da Seguridade Social.

Adopción ou acollemento. Se a nai non traballa, pode gozar o outro proxenitor do descanso por maternidade?

Neste caso, ao tratarse dun dereito individual, non está condicionado o gozo á opción por parte da nai. Polo tanto, serán beneficiarios do subsidio por maternidade, por adopción ou acollemento, os traballadores, calquera que sexa o seu sexo, que gocen dos descansos correspondentes e sempre que acrediten os requisitos establecidos.

Adopción ou acollemento. Que idade debe de ter o menor adoptado para xerar dereito á prestación por maternidade?

Serán  menores de 6 anos  ou  menores de idade que sexan maiores de 6 anos, cando se trate de menores afectados por discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 por 100, ou que,  polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar. Estas circunstancias deberán ser acreditadas polos servizos sociais competentes da respectiva comunidade autónoma.

Maternidade a tempo parcial. Quen son os beneficiarios?

Os traballadores por conta allea que gocen dos períodos de descanso por maternidade poderán facelo en réxime de xornada completa ou a tempo parcial. O dereito pode ser exercido por calquera dos proxenitores, adoptantes ou acolledores e en calquera dos supostos de gozo simultáneo ou sucesivo do período de descanso.

Será imprescindible o acordo previo entre o empresario e o traballador. O devandito acordo poderá celebrarse tanto ao inicio do descanso correspondente como nun momento posterior e poderá estenderse a todo o período de descanso ou a parte deste. Unha vez acordado, só poderá modificarse o réxime pactado mediante novo acordo entre o empresario e o traballador afectado, por iniciativa deste e debido a causas relacionadas coa súa saúde ou a do menor.

Os traballadores por conta propia poderán, así mesmo, gozar dos descansos por maternidade a tempo parcial, para cuxos efectos, a percepción dos subsidios e a redución da actividade só poderá efectuarse na porcentaxe do 50 por 100. Para o recoñecemento desta modalidade os interesados deberán comunicar á entidade xestora, ao solicitar a correspondente prestación, o réxime en que se levará a efecto o período de descanso.

Non obstante, en caso de parto, a nai non poderá facer uso desta modalidade de permiso durante as 6 semanas inmediatas posteriores a este, que serán de descanso obrigatorio.

Complementary Content
${loading}