Solicitudes e comunicación de datos

Que datos lle debe comunicar o pensionista á súa entidade xestora?

O pensionista débelle comunicar á súa entidade xestora, dentro dos 30 días seguintes a que se produzan, as seguintes variacións:

  • Cambios de domicilio: residencia habitual ou fiscal.
  • Inicio de actividades laborais.
  • Cambios na situación económica: rendas de traballo, recoñecemento e/ou cobramento doutras prestacións ou pensións nacionais ou estranxeiras ou outro tipo de rendas.
  • Cambios da situación familiar: estado civil, nacementos, defuncións...

Igualmente, e sempre antes do 1 de marzo de cada ano, os pensionistas que teñan asignados complementos por mínimos na súa pensión  e que obtivesen ingresos brutos por rendas de traballo, capital ou outros conceptos (superiores á contía que anualmente se estableza), deberán presentar a declaración expresa destes.

Para notificar estes cambios, o pensionista ten á súa disposición unha serie de formularios, que pode encontrar nesta páxina web. Unha vez cuberto e asinado o formulario correspondente polo propio pensionista, pode ser enviado por correo ordinario ou  ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social  (CAISS).

Como notificar os cambios de entidade bancaria e de domicilio?

Para notificar estes cambios, o pensionista ten á súa disposición un formulario denominado "Modificación de datos bancarios e de domicilio".

Unha vez cuberto e asinado o formulario polo propio pensionista, pode ser enviado por correo ordinario ou  ben presentalo en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

 

E necesario comunicar o falecemento do pensionista?

O falecemento debe comunicarse en todo caso, achegando o certificado de defunción do pensionista, en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS).

 

Como obter un certificado para acreditar que se percibe ou non unha pensión da Seguridade Social?

  • Se dispón de Certificado Dixital, pode obter directamente o certificado acreditativo de que percibe pensión ou, no seu caso, de que non figura como titular de pensión pública a través do servizo da Sede Electrónica, denominado  "Percepción de pensións públicas".

Como se pode obter información relacionada coa solicitude de prestación presentada?

  • Se dispón dun Certificado Dixital, o interesado pode obter directamente a información sobre o estado en que se atopa a súa solicitude de prestación a través do servizo da Sede Electrónica, denominado " Como vai a miña prestación?".
Complementary Content
${loading}