Prestación económica / Contía

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

En caso dun parto, adopción ou acollemento múltiple, como se aboa a prestación e cal sería a súa contía?

En caso de parto múltiple e de adopción ou acollemento de máis dun menor, realizados de forma simultánea, concederase un subsidio especial por cada fillo ou menor acollido, a partir do segundo, igual ao que corresponda percibir polo primeiro, durante o período de 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto, ou, cando se trate de adopción ou acollemento, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

Abóase o 100% da base reguladora durante os períodos efectivamente gozados por ambos os dous proxenitores, por períodos vencidos. O subsidio especial será aboado nun só pagamento ao termo do período de 6 semanas posteriores ao parto e, nos supostos de adopción ou acollemento múltiples, ao termo das 6 semanas inmediatamente posteriores á decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

O devandito subsidio unicamente poderá ser percibido por un dos proxenitores ou acolledores, que, en caso de parto, se determinará por opción da nai e en caso de adopción ou acollemento por acordo dos interesados.

Que acontece cando se extingue o contrato dun traballador que está en situación de maternidade?

Continuará percibindo a prestación de maternidade ata que se extinga a devandita situación, pasando entón á situación legal de desemprego e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a correspondente prestación.

Neste caso, non se descontará do período de percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo o tempo que tivese permanecido en situación de maternidade.

Que acontece cando un traballador que está a percibir prestacións por desemprego pasa a situación de maternidade?

Suspenderáselle a prestación por desemprego e a cotización á Seguridade Social e pasará a percibir a prestación por maternidade na contía que corresponda, que será xestionada directamente pola súa Entidade Xestora (INSS  ou ISM ).

Unha vez extinguida a prestación por maternidade, reanudarase a prestación por desemprego pola duración que restaba por percibir e na contía que correspondía no momento da suspensión.

Que acontece se a traballadora inicia o período de descanso por maternidade estando de baixa por incapacidade temporal?

Os procesos de incapacidade temporal iniciados antes do parto e sen que a interesada tivese optado polo descanso maternal, manteranse nos seus propios termos ata o momento do parto, deixando sempre a salvo a posibilidade de opción da interesada polo devandito descanso. A partir da data do parto deberá comezar o gozo do descanso por maternidade. Se transcorrido este, a anterior situación de incapacidade temporal persistise, continuarase o cómputo interrompido, aínda cando se tivese extinguido o contrato de traballo.

Complementary Content
${loading}