Suspensión e Extinción

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Pode ser interrompida/suspendida/anulada a prestación de maternidade?

Poderá suspenderse:

  • Nos casos de partos prematuros e naqueles outros supostos en que o acabado de nacer precise hospitalización a continuación do parto, poderá interromperse o gozo do permiso de maternidade e a percepción do correspondente subsidio, a petición do beneficiario, unha vez completado o período de descanso obrigatorio para a nai de seis semanas posteriores ao parto. O permiso poderase continuar a partir da data da alta hospitalaria do menor, polo período que reste por gozar. En caso de falecemento da nai, o outro proxenitor poderá interromper o gozo deste permiso durante as seis semanas seguintes ao parto.
    Non obstante,  non se interromperá a percepción do subsidio por maternidade se durante o período de percepción deste se extingue o contrato de traballo do beneficiario ou se produce  o cesamento da actividade.
  • Cando transcorrese o período de catro semanas, nos supostos de adopción internacional nos que fose necesario o desprazamento previo dos adoptantes ao país de orixe do adoptado e aínda non tivese recaído a correspondente resolución xudicial ou administrativa, a entidade xestora poderá suspender preventivamente o percibo da prestación ata o momento en que aquela se produza.

Poderá ser anulado ou suspendido pola entidade xestora:

  • Cando o beneficiario actuase fraudulentamente para obter ou conservar o subsidio ou cando o beneficiario traballase por conta propia ou allea durante os correspondentes períodos de descanso, agás se se trata da percepción dun subsidio por maternidade en réxime de xornada a tempo parcial ou nos supostos de pluriemprego e pluriactividade. Os períodos de percepción do subsidio corresponderanse cos períodos de descanso que, neses casos, serán os non ocupados pola xornada a tempo parcial ou polos empregos ou actividades que non dan lugar ao subsidio.

Que consecuencias ten para o beneficiario do subsidio de maternidade a reincorporación voluntaria ao traballo?

  • Cando o período de descanso sexa gozado exclusivamente por un dos proxenitores, prodúcese a extinción do dereito á prestación pola reincorporación voluntaria ao traballo do beneficiario do subsidio con anterioridade ao cumprimento do prazo máximo de duración do período de descanso.

 

  • Cando o período de descanso se goce "sucesiva ou simultaneamente" por ambos os dous proxenitores, a reincorporación voluntaria ao traballo dun deles ou de ambos os dous, con anterioridade ao cumprimento do prazo máximo de duración, produce a extinción. A parte que restase para completar o devandito prazo máximo incrementará a duración do subsidio a que tivese dereito o outro beneficiario, agás en caso de falecemento dos fillos ou menores acollidos, e sempre que  non se tivese reincorporado ao traballo.

 

  • En supostos de maternidade biolóxica, non cabe a reincorporación da nai ao posto de traballo, nin a tempo parcial nin a xornada completa, ata que transcorran as 6 semanas posteriores ao parto establecidas como de descanso obrigatorio.

Pode recuperar a nai o dereito que cedeu ao outro proxenitor na percepción da prestación de maternidade?

  • A opción exercida pola nai, en caso de parto, poderá ser revogada se sobreviñesen feitos que fagan inviable a súa aplicación, tales como ausencia, enfermidade ou accidente do outro proxenitor, abandono de familia, separación, violencia de xénero ou outras causas análogas.

 

  • Tamén en caso do falecemento do outro proxenitor.
Complementary Content
${loading}