Revalorización das pensións - Complementos por mínimos

Que particularidades ten a revalorización das pensións do SOVI cando concorren con outra de viuvez do sistema?

  • A pensión do SOVI absorberá total ou parcialmente o complemento a mínimo que puidera ter a pensión de viuvez do sistema.
  • A suma da pensión de viuvez e a do SOVI non poderá ser superior ao dobre da pensión mínima de viuvez dos beneficiarios con 65 ou máis anos, vixente en cada momento, en cómputo anual. De superarse o límite indicado, minorarase a contía da pensión do SOVI no importe necesario.

Que tipo de pensións ou os seus conceptos non están suxeitos ao tope máximo de pensión establecido?

Para os efectos de aplicar o tope máximo  de pensión establecido na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado, non se computan:

Considérase a idade teórica ou a real para o acceso aos complementos por mínimos?

Como norma xeral, é preciso acreditar a idade real establecida en cada caso. Non obstante, naqueles colectivos que teñan previstos coeficientes redutores da idade de xubilación en función da actividade realizada, a idade de 65 anos, para os efectos de determinación do dereito aos complementos por mínimos, entenderase cumprida cando, por aplicación deses coeficientes, resulte unha idade igual ou superior á de 65 anos. A mesma norma aplicarase nos supostos de xubilación especial aos 64 anos.

Nas pensións de incapacidade permanente, para os efectos dos complementos por mínimos, o requisito de idade aplicarase da seguinte forma:

  • Cómputo dos 65 anos para as pensións de IP total: terase en conta a idade teórica.
  • Cómputo dos 60 anos para as pensións de IP total cualificada: considérase a idade real.

Pódese renunciar expresamente aos complementos por mínimos para acceder a outra prestación económica propia ou allea á Seguridade Social?

Si, nos supostos de opción a favor dun subsidio por desemprego, ademais de para acceder a unha pensión non contributiva por invalidez en grao igual ou superior ao 75%.

Cando se suprimen ou se absorben os complementos por mínimos por recoñecemento dunha pensión que ten carácter de concorrente coa Seguridade Social?

Se se trata de concorrencia cunha pensión contributiva do sistema, a supresión dos efectos económicos dos mínimos recoñecidos realizarase desde o día primeiro do mes seguinte á data da resolución da prestación concorrente, ou de ser o caso, da resolución pola que se incrementa o importe da outra pensión.

Nos casos nos que a pensión fose allea ás xestionadas polas entidades xestoras (INSS e ISM), os efectos serán desde o primeiro día do mes seguinte á data de resolución da prestación allea que figure no Rexistro de Prestacións Públicas.

Que repercusión ten, nos complementos por mínimos, a variación dos ingresos do pensionista no exercicio actual, se estes exceden o límite establecido?

A supresión dos mínimos con efectos do 1 de xaneiro, con independencia de que se presentase ou non a declaración de ingresos no primeiro trimestre do ano.

Para os efectos dos complementos por mínimos, que ingresos derivados do traballo son considerados no caso de realización de actividades empresariais, profesionais ou agrícolas?

Computaranse os correspondentes aos seus rendementos netos, e quedarán excluídos os gastos deducibles desas actividades conforme a lexislación fiscal.

Nos supostos nos que existisen rendementos procedentes de fondos de pensións, cando estes se perciban en forma de capital, e sempre que transcorresen máis de dous anos desde a primeira achega ao fondo, unicamente se computará o 60% do capital percibido.

Complementary Content
${loading}