Devolución de Ingresos Indebidos

Os responsables ou obrigados a cotizar ou ao pagamento doutras débedas coa Seguridade Social teñen dereito á devolución total ou parcial do importe dos ingresos realizados por erro.

Se dispón dun certificado dixital pode presentar a súa solicitude a través do trámite Devolución de Ingresos Indebidos Réxime Xeral e Asimilados, situado na Sede Electrónica da Seguridade Social ou dirixirse á Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social correspondente correspondente ao domicilio do obrigado ao pagamento. No caso de que este teña a xestión centralizada nunha Administración, será esta a competente.

O formulario de solicitude de devolución está á súa disposición nesta páxina web, na seguinte ruta de acceso:

Empresarios/Traballadores > Cotización/Recadación > Área informativa > Recadación de cotas > Devolución de ingresos indebidos

Complementary Content
${loading}