Sanidade Marítima

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

1. Que certificados emitidos polo Instituto Social da Mariña teñen prorrogada a súa vixencia?

Conforme á Resolución do 21 de abril de 2020, do Instituto Social da Mariña, prorrógase a vixencia dos seguintes certificados:

  • Os Certificados de formación sanitaria específica, por un período máximo de seis meses a contar dende a súa data de caducidade.
  • Os Certificados de revisión de caixas de primeiros auxilios preceptivas a bordo, por un período máximo de seis meses a contar dende a data de caducidade do anterior certificado. Nos supostos nos que se emitise previamente, unha prórroga da validez dos devanditos certificados, considerarase ampliada a súa validez por un período máximo de seis meses a contar dende a data de vencemento da prórroga anterior.
  • Os Certificados médicos de aptitude para o embarque marítimo por un período máximo de seis meses a contar dende a data do seu vencemento.

2. Como poden obter o certificado médico de aptitude para o embarque as persoas que non dispoñen dun certificado médico de aptitude previo?

As Capitanías Marítimas eximirán temporalmente da esixencia de dispoñer do certificado médico de aptitude para o embarque ás persoas traballadoras que se incorporen por vez primeira ao sector marítimo pesqueiro ou que podan acollerse á prórroga referida na pregunta anterior. Neste último caso, para os efectos do enrole destes tripulantes, as Capitanías Marítimas deberán ter en conta a cualificación de aptitude laboral outorgada no último recoñecemento médico de embarque marítimo efectuado ao interesado.

3. Cando e como se poderá solicitar cita previa para realizar o recoñecemento médico de embarque marítimo?

Nun primeiro momento a actividade dos Centros de Sanidade Marítima estará limitada a realizar os recoñecementos médicos que fosen caducando durante o estado de alarma, para o cal o persoal do Centro se poñerá en contacto cos afectados.
Pódese solicitar cita previa exclusivamente a través da propia Sede ou ben telefonicamente, retomándose o servizo correspondente. Non se poderá solicitar cita previa presencial nin se permitirá o acceso aos Centros de Sanidade Marítima de ningún cidadán que non fose avisado polo propio Centro ou que conte cunha cita previa.

Complementary Content
${loading}