Comunicación ás empresas das prestacións dos seus traballadores

Dende o 11 de decembro de 2019, o INSS pon a disposición das empresas un servizo co que poderán descargarse información sobre as variacións que experimenten as prestacións de Seguridade Social recoñecidas aos seus traballadores, tanto subsidios coma outras que afecten os contratos de traballo ou as obrigas empresariais coa Seguridade Social.

A partir desta data, o Ficheiro INSSEMPRESAS (FIEI) estará diariamente a disposición dos Autorizados RED de cada empresa a través de SILTRA, ou, no seu caso, a través de EDITRAN.

Este servizo configúrase como unha canle de comunicación segura, áxil e de doada incorporación nas aplicacións de xestión nóminas das empresas, polo que, axudará non só ao cumprimento das obrigas coa Seguridade Social senón, tamén, á xestión do seu persoal.

Acceso ao servizo de información (dispoñible a partir de decembro de 2019)

Dende o 11 de decembro de 2019, os autorizados RED das empresas poderán acceder a este servizo a través da aplicación SILTRA.

Posteriormente, habilitarase o acceso a este servizo a través de RED DIRECTO.


  


Complementary Content
${loading}