Concepto de empresario

É empresario, aínda que a súa actividade non estea motivada por ánimo de lucro, toda persoa física ou xurídica, pública ou privada, á que prestan os seus servizos, coa consideración de traballadores por conta allea ou asimilados, as persoas comprendidas en calquera réxime dos que integran o Sistema da Seguridade Social.

Teñen expresamente o carácter de empresarios respecto dos traballadores que se especifican, os seguintes:

  • O Club ou entidade deportiva coa que os deportistas profesionais estean suxeitos á relación laboral especial.
  • O organizador de espectáculos públicos respecto dos artistas.
  • O organizador de espectáculos taurinos respecto dos profesionais taurinos.
  • As Dioceses e os organismos supradiocesanos respecto dos clérigos.
  • O Departamento Ministerial, organismo ou dependencia de quen recibe os haberes para o persoal español contratado ao servizo da Administración Española no estranxeiro.
  • O titular do fogar familiar no Sistema Especial para  Empregados de Fogar.
  • O navieiro, armador ou propietario de instalacións marítimo pesqueiras no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.
Complementary Content
${loading}