Variación de datos e extinción da empresa

O empresario está obrigado a comunicar á Tesourería Xeral da Seguridade Social as variacións seguintes:

  • Cambio de nome da persoa física ou da denominación da persoa xurídica.
  • Cambio de domicilio.
  • Cambio de entidade que cubre as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais e, se é o caso, a prestación económica por incapacidade temporal.
  • Cambio de actividade económica.
  • Calquera outra variación que afecte os datos declarados con anterioridade respecto da inscrición da empresa ou apertura de Conta de Cotización.

De igual forma os empresarios comunicarán a extinción da empresa ou o cesamento temporal ou definitivo da súa actividade.

Será considerado en situación de baixa temporal o empresario ou, se é o caso, a conta de cotización deste, respecto dos cales se comunicase a baixa de todos os seus traballadores sen poñer en coñecemento da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou a súa Administración a extinción da empresa, ou o cesamento na actividade.

Transcorridos doce meses sen demostrar a súa continuidade, iniciarase expediente de oficio para que, en base ás alegacións do empresario debidamente xustificadas ou dos demais feitos acreditados neste, se adopte a resolución que proceda sobre a extinción ou o cesamento, ou sobre a continuidade da empresa.

Tanto as variacións de datos como a extinción ou cesamento comunicaranse no modelo TA.7 "Conta de Cotización" no prazo de tres días naturais seguintes a aquel en que se produzan.

O cambio de entidade que cubra as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ou, se é o caso, a prestación económica por incapacidade temporal presentarase cunha antelación de dez días naturais á súa efectividade.

Para tramitar a súa solicitude pode dirixirse á Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio de actividade. Se dispón dun certificado dixital pode presentar algunhas destas solicitudes a través da Sede Electrónica nos servizos dispoñibles para Empresas.

Complementary Content
${loading}