Inscrición do empresario e Código de Conta de Cotización

A inscrición é o acto administrativo polo que a Tesourería Xeral da Seguridade Social asigna ao empresario un número para a súa identificación e control das súas obrigas no respectivo Réxime do Sistema da Seguridade Social. Este número é considerado como primeiro e principal Código de Conta de Cotización. A solicitude realizarase no modelo TA.6

Ao Código de Conta de Cotización Principal vincularanse todos aqueles outros que poidan asignárselle a un empresario. É importante sinalar que o empresario debe solicitar un Código de Conta de Cotización (modelo TA.7) en cada unha das provincias onde exerza actividade, así como en determinados supostos en que sexa necesario identificar colectivos de traballadores con peculiaridades de cotización.

Para rematar a súa solicitude pode dirixirse á Administración da Tesouraría Xeral da Seguridade Socialmáis próxima ao seu domicilio de actividade. Se dispón dun certificado dixital pode tramitar a solicitude que corresponda dos correspondentes servizos situados en "Empresas", en función de que se trate dun empresario individual ou un empresario colectivo.

Complementary Content
${loading}