Formalización do documento de asociación e da cobertura da prestación económica por incapacidade temporal

O empresario, no momento de solicitar a inscrición debe facer constar, na propia solicitude, ou en declaración anexa, a entidade xestora e/ou a entidade ou entidades colaboradoras polas que opta tanto para a protección das continxencias de traballo e enfermidades profesionais como para a cobertura da prestación económica por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns.

Os documentos formalizados manterán a súa vixencia polo período dun ano, debendo coincidir, en todo caso o seu vencemento co último día do mes e entenderanse prorrogados por períodos de igual duración, agás denuncia en contrario.

Complementary Content
${loading}