Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social

R/ Infanta Mercedes, 31 - 3ª Planta - 28020 - MADRID.

Que é o Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social?

É un Servizo Común da Seguridade Social e nivel orgánico de subdirección xeral, correspóndelle o exercicio das funcións e competencias relativas ao asesoramento xurídico, así como á representación e defensa en xuízo, das Entidades Xestoras e Servizos Comúns da Seguridade Social, nos termos previstos no Regulamento do Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 947/2001, do 3 de agosto.

O presuposto do Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social, como Servizo Común da Seguridade Social sen personalidade xurídica e sen prexuízo da súa directa dependencia da Secretaría de Estado da Seguridade Social e Pensións, estará integrado no da Tesouraría Xeral da Seguridade Social como centro de xestión independente.

A integración presupostaria dos servizos xurídicos delegados no centro de xestión do Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social será efectiva no momento en que se aproben as correspondentes relacións de postos de traballo.

Que funcións ten?


Contenciosas

  • A representación e defensa en xuízo da Administración da Seguridade Social no ámbito das súas Entidades xestoras e Servizos comúns ante calquera xurisdición, española ou da Unión Europea, así como ante calquera xurisdición no estranxeiro.
  • A representación e defensa ante calquera órgano administrativo naqueles procedementos en que estea interesada a Administración da Seguridade Social, no ámbito das súas Entidades xestoras e Servizos comúns.
  • A representación e defensa en xuízo das autoridades, funcionarios e empregados das Entidades xestoras e Servizos comúns, calquera que sexa a súa posición procesual, cando os procedementos se sigan por actos ou omisións relacionados co exercicio do seu cargo.
  • As actuacións que se levan a cabo en cuestións de competencia e en conflitos de atribucións.
  • Informar os expedientes relativos ao pagamento de costas a que fose condenada a Administración da Seguridade Social no ámbito das súas Entidades xestoras e Servizos comúns, así como visar as que se esixan e devindiquen no seu favor.
  • Visado de minutas de notarios e procuradores en asuntos tramitados.
  • Calquera outra función de asistencia xurídica, de natureza contenciosa, prevista na normativa vixente.


Consultivas

  • A emisión de informes e demais funcións de asesoramento xurídico, da Administración da Seguridade Social que afecten as Entidades xestoras ou Servizos comúns da Seguridade Social.
  • Informar das reclamacións previas ao exercicio de accións civís ou laborais en vía xudicial nos casos en que se solicite o ditame do órgano directivo.
  • Asistencia a Mesas de contratación, así como o asesoramento xurídico preceptivo nos termos previstos na lexislación sobre Contratos das Administracións Públicas.
  • Verificación de poderes e demais documentos acreditativos da personalidade.
  • Calquera outra función de asesoramento xurídico prevista na normativa vixente.

Corresponde á Dirección do Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social, a dirección e coordinación dos Servizos Xurídicos delegados da Administración da Seguridade Social no ámbito das Entidades xestoras e Servizos comúns da Seguridade Social.

Inspeccionar a actuación técnico-xurídica dos Servizos Xurídicos delegados da Administración da Seguridade Social e das unidades da Dirección do Servizo Xurídico.

A convocatoria dos cursos de formación e perfeccionamento do persoal adscrito na Dirección do Servizo Xurídico e nos Servizos Xurídicos delegados centrais e provinciais.

Elaboración e seguimento dos informes sobre actuacións contenciosas e de asesoramento xurídico ás Entidades xestoras ou Servizos comúns.

Seguimento e análise das actuacións litixiosas, consultivas e doutra orde, elaborando informes, memorias e estatísticas.

Seguimento e recompilación da doutrina emanada dos diferentes órganos xurisdicionais en relación coas competencias atribuídas á correspondente Entidade xestora ou Servizo común.

Complementary Content
${loading}