Intervención Xeral da Seguridade Social

|C/ Valenzuela, 5 – 28014 – MADRID.

Teléfono: 91 363 26 05.

Fax: 91 363 26 90.

Que é a Intervención Xeral da Seguridade Social?

A Intervención Xeral da Seguridade Social, con rango orgánico de dirección xeral e baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral da Administración do Estado, é o órgano de control interno e de dirección e xestión da contabilidade das entidades que integran o sistema da Seguridade Social.

A Intervención Xeral da Seguridade Social desenvolverá as súas funcións conforme ao disposto na súa normativa específica e coa estrutura establecida nela.

Que competencias e funcións ten?

A Intervención Xeral da Seguridade Social terá ao seu cargo o exercicio das funcións e competencias relativas a:

  • O control interno, mediante o exercicio da función interventora e as actuacións de control financeiro de acordo co establecido no Real decreto 706/1997, do 16 de maio, polo que se desenvolve o réxime de control interno exercido pola Intervención Xeral da Seguridade Social.
  • A dirección da contabilidade pública no ámbito da Seguridade Social, de acordo co previsto no artigo 151 do texto refundido da Lei xeral orzamentaria, aprobado polo Real decreto lexislativo 1091/1988, do 23 de setembro, segundo a redacción dada a este polo artigo 74 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sen prexuízo das competencias que en materia contable se atribúan á Intervención Xeral da Administración do Estado, e a xestión contable das entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, de conformidade co previsto neste real decreto.
  • O asesoramento dos órganos de xestión derivado das súas funcións de control.
  • A Intervención Xeral da Seguridade Social, como xefatura superior de todas as intervencións delegadas nas entidades xestoras e servizos comúns da Seguridade Social, exercerá a súa coordinación, cursándolles as instrucións precisas para o desenvolvemento das súas funcións e resolvendo as consultas que lle fosen formuladas por aquelas.

Corresponderalle igualmente á Intervención Xeral da Seguridade Social:

  • A particpación con voz e voto nos órganos colexiados nos que, de acordo coa normativa vixente, deba ter representación.
  • Conformar as normas polas que se rexerá a elaboración do orzamento da Seguridade Social e que deban ser ditadas polos órganos de dirección e tutela das diferentes entidades que a integran.
  • Remitir trimestralmente ás comisións de orzamentos do Congreso dos Deputados e do Senado información sobre a execución dos orzamentos das entidades que integran o sistema de Seguridade Social.
  • Exercer calquera outra función e competencia que lle atribúa a normativa vixente.
Complementary Content
${loading}