Acordo sobre medidas en materia de Seguridade Social

O xoves 13 de xullo de 2006, asinouse no Palacio da Moncloa o Acordo sobre medidas en materia de Seguridade Social.

O obxectivo deste acordo céntrase en lograr un sistema de protección social máis solidario e eficiente e, á vez, garantir os niveis de cobertura, tendo en conta o equilibrio financeiro e a compatibilidade da Seguridade Social coa creación de emprego e a riqueza produtiva.

O presente acordo constitúe o resultado dun importante esforzo de concertación, e nel incorpóranse diversas iniciativas que inciden en cinco grandes ámbitos de actuación:

  • Garantía da adecuación entre os ingresos e os gastos do sistema.
  • Plasmación do principio de solidariedade.
  • Iniciativas que lle afectan á área de protección contributiva.
  • Actuacións dirixidas a incentivar a prolongación voluntaria da vida laboral.
  • Avance no proceso de racionalización e simplificación da estrutura do sistema de Seguridade Social.
En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Acordo_medidas_Seguridade_Social Descargar documento Acordo_medidas_Seguridade_Social. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,747 KB) 17/07/2006
Complementary Content
${loading}