Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Trámites e Xestións

Está vostede en: Inicio  >  Trámites e Xestións  > Prestación de Maternidade



Prestación de Maternidade





Obxecto:

É unha prestación económica que trata de cubrir a perda de rendas ou ingresos que sofren os traballadores cando se suspende o contrato ou se interrompe a súa actividade para gozar dos períodos de descanso por maternidade, adopción e acollemento, legalmente establecidos.

Prestación:

A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora  correspondente, que se lles recoñece a todos os traballadores que gocen os períodos de descanso laboral legalmente establecidos nos supostos de maternidade biolóxica, adopción e acollemento familiar.

En caso de parto múltiple, de adopción ou acollemento de máis dun menor realizados de forma simultánea, recoñecerase un subsidio especial por cada fillo, a partir do segundo, igual ao que corresponda percibir polo primeiro durante o período de 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto ou, nos casos de adopción ou acollemento, a partir da decisión administrativa ou xudicial que constitúa a adopción.

As traballadoras que reúnan todos os requisitos para acceder á prestación de maternidade, agás o período mínimo de cotización, terán dereito a un subsidio de carácter non contributivo  durante os días naturais seguintes ao parto legalmente establecidos.

Máis información sobre a prestación

Cando se inicia a prestación:

O dereito á prestación nace desde o día do parto ou inicio do descanso, de ser este anterior; nos casos de adopción ou acollemento, a partir da resolución xudicial de adopción ou decisión administrativa ou xudicial de acollemento.

Máis información sobre o inicio da prestación

Duración:

A duración do período de descanso é de 16 semanas ininterrompidas, ampliables nos distintos períodos en caso de parto, adopción ou acollemento múltiple, de discapacidade e de hospitalización do neonato.

O período de descanso poderase gozar en réxime de xornada completa ou tempo parcial. Nos casos de adopción ou acollemento, se o pai e a nai traballan, poderán optar polo período de descanso de forma simultánea ou sucesiva.

Nos casos en que a nai traballadora reúna todos os requisitos agás o período mínimo de cotización, a duración do subsidio non contributivo para a traballadora será de 42 días naturais a contar dende o parto, que se incrementará en 14 días naturais nos casos de nacemento de fillo:

  • Nunha familia numerosa.
  • Nunha familia monoparental.
  • Parto múltiple.
  • Cando a nai ou o fillo estean afectados de discapacidade nun grao igual ou superior ao 65 por cento.

O incremento da duración é único, sen que proceda á súa acumulación cando concorran dous ou máis circunstancias das sinaladas.

Máis información sobre a duración

Beneficiarios:

Os traballadores por conta allea e conta propia, incluídos os contratados para a formación e a tempo parcial, calquera que fose o seu sexo, que gocen dos períodos de descanso por maternidade, adopción e acollemento familiar, preadoptivo ou permanente.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:

  • Estar afiliados e en alta ou en situación asimilada de alta.
  • Ter cuberto un período de cotización de 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data do parto ou ao inicio do descanso ou, alternativamente, 360 días cotizados ao longo da vida laboral.

Non obstante, este período mínimo é gradual, segundo a idade para os traballadores que causen prestacións por maternidade: 

    • Menores de 21 anos: non se lles esixe período mínimo de cotización
    • Entre 21 e 26 anos: 90 días cotizados dentro dos7 anos inmediatamente anteriores á data do descanso ou, alternativamente, 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral.

Máis información sobre requisitos

Responsable:

INSS ou ISM

Denegación / Extinción:

Denegación, anulación, suspensión e extinción da prestación de maternidade.

Máis información sobre denegación/extinción

Impresos:

Non é necesario a presentación dun modelo oficial pero resulta conveniente a súa utilización: Solicitude de maternidade, adopción ou acollemento

Documentación:

Xeral para todos os casos: A documentación acreditativa da identidade do traballador e a relativa á cotización. 

Máis información sobre documentación

Prazos:

No prazo para resolver e notificar o procedemento iniciado será de 30 días que se contarán dende a data en que a súa solicitude tivo entrada no rexistro da Dirección Provincial do INSS correspondente.

Outros datos de interese Preguntas máis frecuentes


Menú de navegación:

  1. Traballadores
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións