Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Trámites e Xestións

Está vostede en: Inicio  >  Trámites e Xestións  > Asistencia sanitaria



Asistencia sanitaria



[D]

Procedemento de Asistencia Sanitaria




Obxecto:

A asistencia sanitaria da Seguridade Social ten por obxecto a prestación dos servizos médicos e farmacéuticos necesarios para conservar e restablecer a saúde dos seus beneficiarios, así como a súa aptitude para o traballo.

Titulares / Beneficiarios:
  • Os traballadores, afiliados e en alta ou en situación asimilada á de alta.
  • Os pensionistas e perceptores de prestacións periódicas da Seguridade Social.
  • Os familiares ou asimilados  a cargo dos anteriores.

Máis información sobre titulares e beneficiarios

Requisitos dos beneficiarios:

Os familiares ou asimilados a cargo de traballadores e pensionistas deben convivir co titular (salvo separados e divorciados) e estar ao seu cargo, non realizar traballo remunerado, nin percibir renda patrimonial nin pensión superior ao dobre do IPREM  e non ter dereito a esta prestación por título distinto.

Contido:

En caso de enfermidade común ou profesional, accidente sexa ou non de traballo, maternidade e risco durante o embarazo, a asistencia sanitaria dispensarase nas seguintes modalidades:

Atención primaria, atención especializada, prestacións farmacéuticas, prestacións complementarias , servizo de información e documentación .

Duración:

Os traballadores en alta, pensionistas e familiares duns e doutros, mentres dure o proceso patolóxico.

No caso de traballadores dados de baixa na Seguridade Social e familiares destes, a duración varía segundo o tempo cotizado. 

Máis información sobre duración  

Prazos:

O dereito á asistencia sanitaria, tanto para o titular do dereito como para as persoas ao seu cargo, nace o día da afiliación ao Sistema da Seguridade Social e faise efectivo a partir do día seguinte ao da presentación da alta no Réxime correspondente.

Denegación / Extinción:

Cando se perden as condicións requiridas para ser titular ou beneficiario do dereito.

Por falecemento.

Impresos:

O modelo P.1, para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria  dos familiares ou asimilados a cargo do titular. Está dispoñible nas oficinas da Seguridade Social. 

Documentación:

Libro de familia ou certificados do Rexistro Civil que acrediten o parentesco co titular do dereito e no seu caso, sentencia de separación ou divorcio e nos casos que se requira, certificado de convivencia e dependencia económica.

Ónde tramitalo:

En calquera Oficina da Seguridade Social.

Entidade competente:

O recoñecemento do dereito á prestación efectúao o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).
Os pensionistas e os beneficiarios  ao seu cargo recibirán o documento que acredita o dereito á prestación, xunto coa resolución pola que se recoñece a pensión. O documento terá validez en todo o territorio nacional.
A prestación dos servizos sanitarios é competencia de cada Comunidade Autónoma e nas cidades de Ceuta e Melilla é xestionada polo Instituto Nacional de Xestión Sanitaria.

Outros datos de interese:

Tarxeta Sanitaria Europea.

Réximes Especiais da Seguridade Social  (Agrario, Autónomos, Empregados de Fogar e Minería do Carbón).

Tamén teñen dereito á asistencia sanitaria as persoas sen recursos económicos suficientes dos seguintes colectivos, que se atopen en territorio español:

  • Españois
  • Estranxeiros con residencia legal.
  • Estranxeiros inscritos no padrón do municipio no que habitualmente residan.
  • Estranxeiros menores de 18 anos.
  • Outros estranxeiros non incluídos nos apartados anteriores aos que se lles atenderá exclusivamente de urxencia, ante a contracción de enfermidades graves ou accidentes e en caso de embarazo, unha vez constatado este, durante o mesmo e ata seis semanas despois do parto.

As solicitudes que se poden presentar nos Centros de Saúde, serán tramitadas polos Servizos de Saúde das Comunidades Autónomas ou o Instituto Nacional de Xestión Sanitaria.

Preguntas máis frecuentes



Menú de navegación:

  1. Traballadores
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións