MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Traballadores do mar » Protección por cesamento de actividade

Protección por cesamento de actividade


Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada

Que é a prestación por cesamento de actividade dos traballadores autónomos?

De acordo coa Lei 32/2010, do 5 de agosto, os traballadores autónomos contan cun sistema  específico de protección por cesamento de actividade.

Esta protección comprende o aboamento dunha prestación económica mensual por cesamento de actividade e a cotización á Seguridade Social por continxencias comúns.

A prestación económica por cesamento de actividade compleméntase con accións de formación e inserción laboral para facilitar a súa reincorporación ao mercado de traballo,  xestionadas polos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas ou polo Instituto Social da Mariña.

Que requisitos debe cumprir para acceder á prestación por cesamento de actividade?


Ser traballador autónomo comprendido no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos (RETA), quedando incluídos os traballadores do Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios (SETA), que inicien a cotización por cesamento de actividade a partir do 1 de xaneiro de 2012 e aos traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE), ou ben ser Traballador por Conta Propia ou armador asimilado incluído no Réxime Especial  dos Traballadores do Mar, e ademais deberá:

  • Estar afiliado e en situación de alta na Seguridade Social, ter cubertas as continxencias profesionais e estar ao corrente no pagamento das cotas de Seguridade Social.
  • Contar cun período mínimo de cotización por cesamento de actividade de doce meses continuados e inmediatamente anteriores ao cesamento, sendo computable o mes en que se produza o feito causante do cesamento de actividade.
  • Que o cesamento na actividade desenvolvida polo traballador se deba a motivos económicos, técnicos, produtivos ou organizativos, causas de forza maior, perda de licenza administrativa, violencia de xénero, divorcio ou acordo de separación matrimonial e sexa xustificado debidamente.
  • Subscribir o compromiso de actividade para o mantemento da prestación co fin de realizar as actividades formativas, de orientación profesional e de promoción da actividade emprendedora ás que poida convocalo o Servizo Público de Emprego correspondente, así como para os efectos de cumprir as obrigas dos artigos 17.1 g) e h) da Lei 32/2010, do 5 de agosto.
  • Non ter alcanzado a idade ordinaria de xubilación, agás que non tivese acreditado o período de cotización requirido para iso.
  • Que non concorra ningunha das incompatibilidades previstas na Lei 32/2010, do 5 de agosto.

Onde debe presentar a solicitude e en que prazo?


A solicitude de prestación por cesamento de actividade será presentada ante a Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou ante o Servizo Público de Emprego Estatal se están cubertas polo INSS ou ante o Instituto Social da Mariña se é a entidade que cobre as devanditas continxencias profesionais.


A solicitude poderase presentar ata o último día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade.


A solicitude deberá ir acompañada da documentación acreditativa requirida.


Duración da prestación


Con carácter xeral o período de gozo da prestación calcularase en función da idade e os períodos cotizados polo traballador dentro dos 48 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade, tal e como se mostra na seguinte táboa:

PERÍODO DE COTIZACIÓN E DURACIÓN DA PRESTACIÓN
Meses cotizados Duración para menores de 60 anos Duración para maiores de 60 anos
De 12 a 17 meses 2 meses 2 meses
De 18 a 23 meses 3 meses 4 meses
De 24 a 29 meses 4 meses 6 meses
De 30 a 35 meses 5 meses 8 meses
De 36 a 42 meses 6 meses 10 meses
De 43 a 47 meses 8 meses 12 meses
Con 48 meses 12 meses 12 meses

Contía da prestación

A contía da prestación será do 70% da base reguladora, calculada segundo a media das bases polas que o traballador tivese cotizado durante os 12 meses anteriores á situación legal de cesamento de actividade.

A contía máxima será o 175% do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM), agás cando o traballador teña un ou máis fillos ao seu cargo, en cuxo caso a contía será respectivamente, do 200% ou do 225% do devandito indicador.

A contía mínima variará entre o 107% e o 80%, dependendo de se o traballador autónomo ten fillos ao seu cargo, ou non.

Non será de aplicación a contía mínima aos autónomos que coticen por unha base inferior á mínima.

Xestión da prestación

A prestación será xestionada pola Mutua coa que o traballador teña cubertas as continxencias profesionais ou polo Servizo Público de Emprego Estatal se están cubertas polo INSS ou polo Instituto Social da Mariña se é a entidade que cobre as devanditas continxencias profesionais.

O traballador comezará a gozar da prestación a partir do primeiro día do mes seguinte ao que se produciu o cesamento de actividade, se presenta a solicitude en prazo.

Obrigas do traballador autónomo:

  • Cotizar polas achegas correspondentes á protección por cesamento de actividade.
  • Solicitar á Entidade Xestora correspondente a protección por cesamento de actividade.
  • Proporcionar a documentación necesaria para o recoñecemento da prestación.
  • Non traballar por conta allea ou propia durante o gozo da prestación.
  • Solicitar a baixa na prestación cando se produzan situacións de suspensión ou extinción ou se deixen de reunir os requisitos.
  • Cumprir as esixencias do compromiso de actividade.
  • Reintegrar as prestacións indebidamente percibidas.
  • Comparecer ante o órgano xestor e estar a disposición do Servizo Público de Emprego da correspondente Comunidade Autónoma.
  • Participar en accións específicas de motivación, información, orientación ou formación profesional.

Suspensión e extinción da prestación

A prestación suspenderase pola imposición dalgunha sanción por infracción leve ou grave, por cumprir condena de privación de liberdade, por traballar por conta propia ou allea por tempo inferior a 12 meses, e por traslado de residencia ao Estranxeiro por un período continuado inferior a 12 meses para a busca ou realización de traballo.

A prestación extinguirase por esgotamento do prazo de duración da prestación, pola realización dun traballo por conta allea ou propia durante un tempo igual ou superior a 12 meses, por imposición de sanción e polas demais causas recollidas na Lei 32/2010, do 5 de agosto.

DocumentoDescarga do ficheiroFormatoTamañoData
Folleto informativo. Protección por cesamento de actividade Abrir o documento:Folleto informativo. Protección por cese de actividad en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento:Folleto informativo en Catalán. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento:Folleto informativo  en Galego. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento:Folleto informativo  en Eúscaro. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento:Folleto informativo  en Valenciano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 1963 Kb 15/12/2016

                              

DocumentoDescarga do ficheiroFormatoTamañoData
modelo solicitude Abrir o documento:modelo solicitud en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 653 Kb 11/10/2016
Cartafol informativo Abrir o documento:Carpeta informativa en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 1305 Kb 01/09/2016
Modelo de invitación ao pagamento cotas Abrir o documento:Modelo de invitación al pago cuotas en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 137 Kb 01/09/2016
Declaración xurada Abrir o documento:Declaración jurada en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 614 Kb 01/09/2016

                              




Información sobre documentos PDF:

Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe


Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal