MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Traballadores do mar » Emprego e Desemprego

Emprego e Desemprego


O Instituto Social da Mariña (ISM) para o cumprimento dos Convenios da Organización Internacional do Traballo e da restante normativa de aplicación, así como dos fins que ten encomendados, dispón dunha Rede de Centros, dotados de terminais informáticos, ubicados, na súa maior parte, nas Casas do Mar do litoral, de acordo co establecido na estrutura orgánica do ISM.

A rede de Centros do ISM ten como finalidade, entre outras, a xestión do emprego e o desemprego dos traballadores incluídos no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, actuando en coordinación coa rede de Oficinas de Emprego do Servizo Público de Emprego Estatal, organismo responsable da execución da política de emprego en xeral.

Transferencias

As funcións e servizos en materia de emprego están transferidos:

  • Generalitat de Cataluña: Real Decreto 2227/1998, do 16 de outubro, sobre traspaso á Generalitat de Cataluña dos funcionarios e servizos en materia de asistencia e servizos sociais, emprego e formación profesional ocupacional dos traballadores, encomendadas ao Instituto Social da Mariña (Boletín Oficial do Estado (BOE)  do 6 de novembro).
  • Comunidade Valenciana: Real Decreto 846/1999, do 21 de maio, sobre traspaso á Comunidade Valenciana das funcións e servizos en materia educativa, de asistencia e servizos sociais, emprego e formación profesional ocupacional dos traballadores do mar, encomendadas ao Instituto Social da Mariña (BOE do 9 de xuño). 
  • Comunidade de Andalucía: Real Decreto 957/2005, do 29 de xullo, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Andalucía das funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña (BOE do 4 de agosto).
  • Principado de Asturias: Real Decreto 1360/2005,  do 18 de novembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma do Principado de Asturias das funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña (BOE do 10 de decembro).
  • Comunidade de Galicia: Real Decreto 553/2006, do 5 de maio, de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendados ao Instituto Social da Mariña (BOE do 24 de maio).
  • Comunidade de Cantabria: Real Decreto 1586/2006, do 22 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Cantabria das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de educación, emprego e formación profesional encomendados ao Instituto Social da Mariña (BOE do 29 de decembro).
  • Comunidade das Illas Baleares: Real Decreto 1732/2007, do 21 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma das Illas Baleares das funcións e servizos en materia educativa, de emprego e formación profesional ocupacional encomendadas ao Instituto Social da Mariña. (BOE do 27 de decembro).
  • Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia: Real Decreto 1084/2008, do 30 de xuño, sobre traspaso á Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia das funcións e servizos da Seguridade Social en materia educativa, desemprego e formación profesional dirixida a desempregados, encomendados ao Instituto Social da Mariña. (BOE do 1 de xullo).

Lexislación específica: Servizo Público de Emprego Estatal


Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal