MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións familiares » Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos

Prestación económica por nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Prestación económica de pagamento único, que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce o nacemento ou adopción do terceiro ou sucesivos fillos naquelas familias que non superen un determinado nivel de ingresos.



Serán causantes o terceiro fillo nacido ou adoptado e os seguintes, sempre que o nacemento ou a formalización da adopción se producise en territorio español antes do 16-11-07. Para estes efectos:

  • Reputarase producido en España o nacemento ou a adopción que teña lugar no estranxeiro, cando se acredite que o fillo se intregou de maneira inmediata nun núcleo familiar con residencia en territorio español. 
  • Enténdese como nacido, o feto con figura humana e que teña vivido 24 horas enteiramente desprendido do seo materno (art. 30 do Código Civil).
  • Para o cómputo do terceiro fillo ou sucesivos fillos, teranse en conta todos os fillos con independencia da súa filiación, comúns ou non comúns, que convivan na unidade familiar e estean a cargo dos proxenitores ou adoptantes. Os fillos afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 33% computarán dobre.


As persoas que cheguen a ter, con motivo do nacemento ou adopción,3 ou máis fillos, sempre que:

  • Residan legalmente en territorio español. Considérase cumprida esta condición no suposto de traballadores trasladados pola súa empresa fóra do territorio español, que se atopen en situación asimilada á de alta e coticen no correspondente réxime de Seguridade Social español.
  • Non teñan dereito, nin os proxenitores nin os adoptantes nin, no seu caso,quen acollese ao menor, a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social. 
  • Non perciban ingresos anuais, de calquera natureza, superiores a 9.328,39 euros. Esta contía increméntase nun 15% por cada fillo ou menor acollido a cargo, a partir do segundo, incluído este. Para a determinación do límite de ingresos teranse en conta os ingresos obtidos polos beneficiarios durante o ano anterior ao nacemento ou á adopción.

    Cando se trate de familias numerosas, os ingresos anuais non serán superiores a 15.903,65 euros, nos supostos en que concorran 3 fillos a cargo, incrementándose en 2.575,95 euros por cada fillo a cargo a partir do cuarto, incluído este.

    Non obstante, pódese superar o límite de ingresos, cando os ingresos do beneficiario, aínda superando a contía do límite establecido, sexan inferiores á cifra que resulte de sumar a esta contía o importe (450,76 euros) da prestación económica polo nacemento do terceiro ou sucesivos fillos.


  • Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario:
    • Calquera deles, de común acordo. Presúmese que existe acordo, cando a prestación se solicite por un dos dous.
    • Á falta de acordo, será beneficiaria a nai, no seu caso.
    • Se un dos pais está integrado nun réxime de Seguridade Social e o outro non, reunindo os dous a condición de beneficiarios, prevalecerá a condición daquel beneficiario que o sexa por estar integrado dentro dun réxime de Seguridade Social.
  • Se non existe convivencia dos pais, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia do fillo.
  • Cando o causante quedase orfo dos dous proxenitores ou adoptantes ou estea abandonado, será beneficiaria a persoa física que legalmente se faga cargo del, sempre que previamente teña ao seu cargo dous ou máis fillos.


  • A prestación abóase nun pagamento único cunha contía que ascende a 450,76 euros, sempre que os ingresos do beneficiario non superen o límite establecido (Lm).
  • Se os ingresos anuais percibidos, de calquera natureza, superan o límite establecido (Lm) pero son inferiores ao importe conxunto que resulte de sumarlle a este límite o importe da prestación (LM), a contía que haberá que aboar será igual á diferenza entre os ingresos percibidos polo beneficiario e o indicado importe conxunto.

FAMILIAS NON NUMEROSAS
  fillos a cargo (n) Límite mínimo de ingresos (Lm) Importe por un fillo (1) Límite máximo de ingresos cun fillo nacido a partir do 3º inclusive(LM) (2) Asignación anual por diferenzas (D) cun fillo nacido a partir do   inclusive (3)
3 12.126,91 450,76 12.577,67 12.577,67 -I> = 72,75
4 13.526,17 450,76 13.976,93 13.976,93-I> = 97,00
5 14.925,43 450,76 15.376,19 15.376,19-I> = 121,25
6 16.324,69 450,76 16.775,45 16.775,45-I> = 145,50
7 17.723,95 450,76 18.174,71 18.174,71-I> = 169,75
8 19.123,21 450,76 19.573,97 19.573,97-I> = 194,00
9 20.522,47 450,76 20.973,23 20.973,23-I> = 218,25
10 21.921,73 450,76 22.372,49 22.372,49-I> = 242,50
n = fillos a cargo

Lm = 9.328,39 +1.399,26 (n-1), para n > = 3


A LM = Lm + 450,76 D=LM-I, sempre que D >  ou = 24,25 por núm. de fillos a partir do


FAMILIAS NUMEROSAS
de fillos a cargo (n) Límite mínimo de ingresos (Lm) Importe por un fillo (1) Límite máximo de ingresos cun fillo nacido a partir do 3º inclusive(LM) (2) Asignación anual por diferenzas (D) cun fillo nacido a partir do 3º  inclusive (3)
3 15.903,65 450,76 16.354,41 16.354,41-I> = 72,75
4 18.479,60 450,76 18.930,36 18.930,36-I> = 97,00
5 21.055,55 450,76 21.506,31 21.506,31-I> = 121,25
6 23.631,50 450,76 24.082,26 24.082,26-I> = 145,50
7 26.207,45 450,76 26.658,21 26.658,21-I> = 169,75
8 28.783,40 450,76 29.234,16 29.234,16-I> = 194,00
9 31.359,35 450,76 31.810,11 31.810,11-I> = 218,25
10 33.935,30 450,76 34.386,06 34.386,06-I> = 242,50
n Lm  =15.903,65 + 2.575,95 (n-3),
para n > ou = 3
A LM = Lm + A D = LM - I, sempre que D > o = 24,25
por nº de fillos a partir do

REGRAS DE APLICACIÓN:

(1) Se os ingresos anuais son iguais ou inferiores a Lm en función dos fillos totais, percíbese a prestación na súa contía íntegra (A).

(2) Límite máximo computable (LM) para comprobar se procede unha asignación por diferenzas (D). O límite máximo é o límite mínimo máis 450,76 euros por cada fillo a partir do terceiro inclusive, é dicir, LM = Lm +  450,76 x nº de fillos nacidos ou adoptados.

(3) Non se recoñecerá a prestación cando a diferenza (D) entre o límite máximo e os ingresos percibidos (I) sexa inferior ás cantidades indicadas.



A prestación por nacemento do terceiro ou sucesivos fillos é compatible con:

 


  • Cando concorran nos dous proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, nos acolledores as circunstancias necesarias para ter a condición de beneficiarios, o dereito a percibir a prestación só poderá ser recoñecido en favor dun deles.
  • A prestación é incompatible coa percepción, por parte dos proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, dos acolledores, de calquera outra prestación análoga establecida nos restantes réximes públicos de protección social.
  • No suposto de que un dos proxenitores ou adoptantes estea incluído, en razón da actividade desempeñada ou pola súa condición de pensionista, nun réxime público de Seguridade Social, a prestación correspondente será recoñecida por este réxime, sempre que aquel reúna os requisitos necesarios para ser beneficiario da prestación.
  • Cando os beneficiarios poidan ter dereito á mesma prestación, por un mesmo suxeito causante, en varios réximes públicos de protección social, deberán optar por un deles.


En todos os casos:

  • Documento nacional de identidade do pai e da nai. Se son estranxeiros, tarxeta de residencia ou permiso de residencia se é o caso.
  • Tarxeta de identificación fiscal.
  • Libro de familia actualizado ou tarxeta non laboral dos fillos a cargo do estranxeiro residentes en España.
  • Declaración da renda do último exercicio fiscal ou declaración persoal de non ter obriga de presentala.
  • Certificado do concello, relativo á residencia habitual dos pais. No caso de parellas de feito, acreditarase convivencia superior a 2 anos, se concorren fillos non comúns.
  • Título de familia numerosa, se é o caso.
  • Documento nacional de identidade dos fillos maiores de 16 anos.

Só se se atopa nalgunha destas situacións:

  • Nos supostos de separación xudicial ou divorcio, se existe sentenza firme, deberá presentarse "testemuño da sentenza", se nela se asignase a custodia dos fillos, e "testemuño do convenio regulador" se é neste onde se asigna a garda e custodia.
  • Se se atopa en trámite a separación ou divorcio, presentarase "testemuño da aprobación xudicial das medidas provisionais" no que se acorde a garda e custodia.
  • No suposto de separación de feito, documentación que acredite tal circunstancia.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS