
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións familiares » Prestación económica por fillo ou menor acollido a cargo » Extinción / Incompatibilidades
Extinción / Incompatibilidades
A asignación económica extínguese por:
-
O falecemento do causante. Se o que falece é o beneficiario, a titularidade do dereito pasaría ao proxenitor sobrevivente, se ten o causante ao seu cargo.
-
O cumprimento da idade de 18 anos, agás cando se trate de causante maior desta idade afecto dunha discapacidade igual ou superior ao 65%.
-
A desaparición ou supresión da discapacidade por melloría do causante.
-
O cesamento da dependencia económica do causante respecto ao beneficiario.
-
A superación, no ano anterior, dos límites de ingresos legalmente establecidos para o mantemento do dereito.
-
Cando concorran nos dous proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, nos acolledores as circunstancias necesarias para ter a condición de beneficiarios das prestacións familiares, o dereito a percibir a prestación só lle poderá ser recoñecido en favor dun deles.
-
As prestacións familiares serán incompatibles coa percepción, por parte dos proxenitores ou adoptantes ou, no seu caso, dos acolledores, de calquera outra prestación análoga establecida nos restantes réximes públicos de protección social.
No suposto de que un dos proxenitores ou adoptantes estea incluído, en razón da actividade desempeñada ou pola súa condición de pensionista, nun réxime público de Seguridade Social, a prestación correspondente será recoñecida por este réxime, sempre que aquel reúna os requisitos necesarios para ser beneficiario desta prestación.
Cando os beneficiarios poidan ter dereito á mesma prestación por un mesmo suxeito causante en varios réximes públicos de protección social, deberán optar por un deles. -
A percepción das asignacións económicas por fillo discapacitado a cargo maior de 18 anos, é incompatible coa condición, por parte do fillo, de pensionista de xubilación ou invalidez na modalidade non contributiva e coa condición de beneficiario das pensións asistenciais reguladas na Lei 45/1960, do 21 de xullo, ou dos subsidios de garantía de ingresos mínimos e de axuda por terceira persoa, establecidos na Lei 13/1982, do 7 de abril.
Nestes supostos, deberán exercerse a opción en favor dalgunha das prestacións declaradas incompatibles. Se os beneficiarios das prestacións incompatibles fosen diferentes, a opción formularase cando os dous cheguen a un acordo. Á falta de acordo, prevalecerá o dereito á pensión de invalidez ou xubilación non contributiva ou, se é o caso, á pensión regulada na Lei 45/1960, ou aos subsidios de garantía de ingresos mínimos e de axuda por terceira persoa, establecidos na Lei 13/1982.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





