
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Prestacións familiares » Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas
Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo, nos supostos de familias numerosas, monoparentais e nos casos de nais discapacitadas
Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.
Prestación económica de pagamento único a tanto alzado que se recoñece polo nacemento ou adopción de fillo en familias numerosas ou que, con tal motivo, adquiran esta condición, en familias monoparentais e nos casos de nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65%, sempre que non se supere un determinado nivel de ingresos.
Non se recoñece a prestación nos supostos de acollemento familiar.
Serán causantes os fillos nacidos ou adoptados, a partir do 16 de novembro de 2007, nunha familia numerosa ou que, con tal motivo, adquira esa condición, nunha familia monoparental ou nos supostos de nais que padezan unha discapacidade igual ou superior ao 65%, sempre que o nacemento se producise en territorio español ou que a adopción se constituíse ou recoñecese por unha autoridade española competente. Para estes efectos:
- Enténdese como nacido o feto con figura humana e que teña vivido 24 horas enteiramente desprendido do seo materno (art. 30 do Código Civil).
- Para a consideración de familia numerosa, estarase ao establecido na Lei 40/2003, de 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.
- Enténdese por familia monoparental a constituída por un só? proxenitor? co que convive o fillo nacido ou adoptado e que é único sustentador da familia.
Os proxenitores ou adoptantes, polo nacemento ou adopción de fillo, sempre que:
- Residan legalmente en territorio español.
- Non perciban ingresos anuais, de calquera natureza, superiores aos límites establecidos. Nos supostos de convivencia, se a suma dos ingresos dos proxenitores ou adoptantes superase os límites establecidos, non se lle recoñecerá a condición de beneficiario a ningún deles.
- Non teñan dereito a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.
- No suposto de familias numerosas, será beneficiario:
- Se existe convivencia, calquera dos proxenitores ou adoptantes de común acordo. Á falta de acordo, será beneficiaria a nai, no seu caso.
- Se non existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia do fillo.
- No suposto de familias monoparentais: será beneficiario o proxenitor co que convive o fillo nacido ou adoptado e é único sustentador da familia.
- Nos casos de nais discapacitadas: será beneficiaria a nai que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 65%.
- Cando o fillo quedase orfo de ambos os proxenitores ou adoptantes ou estea abandonado, será beneficiaria a persoa física que legalmente se faga cargo deste.
- A prestación abóase nun pagamento único cunha contía que ascende a 1.000,00 euros, sempre que os ingresos do beneficiario non superen o límite establecido.
- Contía por diferenzas: se os ingresos anuais percibidos, de calquera natureza, superan o límite establecido (Lm) pero son inferiores ao importe conxunto que resulte de sumarlle a este límite o importe da prestación (LM), a contía que haberá que aboar será igual á diferenza entre os ingresos percibidos polo beneficiario e o indicado importe conxunto.
- Non se recoñocerá a prestación nos supostos en que a diferenza a que se refire o parágrafo anterior sexa inferior a 24,25 euros.
| FAMILIAS NON NUMEROSAS | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| FILLOS A CARGO | LÍMITE MÍNIMO DE INGRESOS | ASIGNACIÓN ÍNTEGRA ANUAL (A)(1) | LÍMITE MÁXIMO (LM) Ingresos > Lm < LM (2) | ASIGNACIÓN ANUAL POR DIFERENZAS (D) (3) | NIVEL MÁXIMO INGRESOS (4) |
| 1 | 11.376,66 | 1.000,00 | 12.376,66 | 12.376,66 -I> = 24,25 | 12.352,41 |
| 2 | 13.083,16 | 1.000,00 | 14.083,16 | 14.083,16 -I> = 48,50 | 14.034,66 |
| 3 | 14.789,66 | 1.000,00 | 15.789,66 | 15.789,66 -I> = 72,75 | 15.716,91 |
| 4 | 16.496,16 | 1.000,00 | 17.496,16 | 17.496,16 -I> = 97,00 | 17.399,16 |
| 5 | 18.202,66 | 1.000,00 | 19.202,66 | 19.202,66 -I> = 121,25 | 19.081,41 |
| 6 | 19.909,16 | 1.000,00 | 20.909,16 | 20.909,16 -I> = 145,50 | 20.763,66 |
| 7 | 21.615,66 | 1.000,00 | 22.615,66 | 22.615,66 - I> = 169,75 | 22.445,91 |
| 8 | 23.322,16 | 1.000,00 | 24.322,16 | 24.322,16 -I> = 194,00 | 24.128,16 |
| 9 | 25.028,66 | 1.000,00 | 26.028,66 | 26.028,66 - I> = 218,25 | 25.810,41 |
| 10 | 26.735,16 | 1.000,00 | 27.735,16 | 27.735,16 - I > = 242,50 | 27.492,66 |
| n | Lm = 11.376,66 +1.706,5 (n - 1) | A = 1.000,00 | LM = Lm + A | D = LM - I sempre que D > = 24,25 euros/ano/fillo | Nivel máximo = LM - (24,25 n) |
| FAMILIAS NUMEROSAS | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| FILLOS A CARGO (n) | LÍMITE MÍNIMO (Lm) Ingresos <Lm> | ASIGNACIÓN ÍNTEGRA ANUAL (A)(1) | LÍMITE MÁXIMO (LM)Ingresos > Lm < LM (2) | ASIGNACIÓN ANUAL POR DIFERENZAS (D) (3) | NIVEL MÁXIMO INGRESOS (4) |
| 3 | 17.122,59 | 1.000,00 | 18.122,59 | 18.122,59- I> = 72,75 | 18.049,84 |
| 4 | 19.895,98 | 1.000,00 | 20.895,98 | 20.895,98- I> = 97,00 | 20.798,98 |
| 5 | 22.669,37 | 1.000,00 | 23.669,37 | 23.669,37- I> = 121,25 | 23.548,12 |
| 6 | 25.442,76 | 1.000,00 | 26.442,76 | 26.442,76- I> = 145,50 | 26.297,26 |
| 7 | 28.216,15 | 1.000,00 | 29.216,15 | 29.216,15- I> = 169,75 | 29.046,40 |
| 8 | 30.989,54 | 1.000,00 | 31.989,54 | 31.989,54- I> = 194,00 | 31.795,54 |
| 9 | 33.762,93 | 1.000,00 | 34.762,93 | 34.762,93- I> = 218,25 | 34.544,68 |
| 10 | 36.536,32 | 1.000,00 | 37.536,32 | 37.536,32- I> = 242,50 | 37.293,82 |
| n | Lm = 17.122,59 + 2.773,39 (n-3) para n |>= 3 | A= 1.000,00 | LM = Lm + A | D = LM - I sempre que D = 24,25 euros/ano/fillo ou menor acollido | Nivel máximo = LM - (24,25 n ) |
REGRAS DE APLICACIÓN:
- (1) Aboarase o importe da prestación íntegra (A), se os ingresos anuais son inferiores ou iguais ao límite mínimo (Lm) en función do número total de fillos.
- (2) Límite máximo computable (LM) para comprobar se procede asignación por diferenzas (D). O límite máximo é o mínimo máis 1.000 |€ , é dicir, LM= Lm + 1.000 €.
- (3) Non se recoñecerá a prestación cando a diferenza (D) entre o LM e os ingresos percibidos (I) sexa inferior ás cantidades indicadas.
- (4) Se os ingresos anuais son superiores a estes importes, non se percibirá asignación.
A prestación é compatible con:
- A prestación por parto ou adopción múltiple causada polo mesmo suxeito.
- A prestación económica por nacemento ou adopción de fillo.
- As asignacións económicas por fillo ou menor acollido a cargo.
- A pensión de orfandade e en favor de netos e irmáns que, no seu caso, poidan corresponder.
- Outras axudas económicas análogas concedidas por unha administración local ou autonómica.
- O subsidio especial de maternidade por parto múltiple causada por un mesmo suxeito.
- Cando concorran nos dous proxenitores ou adoptantes as circunstancias necesarias para ter a condición de beneficiarios, o dereito a percibir a prestación só poderá ser recoñecido en favor dun deles.
- A prestación é incompatible coa percepción, por parte dos proxenitores ou adoptantes, de calquera outra prestación análoga establecidas nos restantes réximes públicos de protección social (MUFACE, ISFAS, MUGEJU?).
- Cando os beneficiarios poidan ter dereito á mesma prestación, por un mesmo suxeito causante, en varios réximes públicos de protección social, deberán optar por un deles.
EXHIBICIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR:
- Españois: documento nacional de identidade (DNI) do solicitante e do outro proxenitor/a adoptante.
- Estranxeiros:
- Cidadáns da UE/|EEE ou Suíza. certificado de rexistro de cidadán da Unión ou Certificado do dereito a residir con carácter permanente xunto con pasaporte ou documento de identidade en vigor (|arts. 7.1 e 10.1 do |RD 240/2007, de 16 de febreiro).
- Membros da familia dun cidadán da UE/EEE ou Suíza que non ostenten a nacionalidade dun destes estados: tarxeta de residencia de familiar de cidadán da Unión ou resgardo acreditativo da presentación da solicitude da tarxeta (arts. 8 e 10.3 do RD 240/2007, do 16 de febreiro).
- Non nacionais da UE, EEE ou Suíza que residan en territorio nacional:
- Tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE) para os solicitantes, outros proxenitores e causantes ou autorización de residencia temporal ou permanente, segundo proceda.
- Solicitude da tarxeta ou da autorización de residencia, para os fillos nacidos en España de non nacionais da UE, EEE ou Suíza.
PRESENTACIÓN DOS SEGUINTES DOCUMENTOS EN ORIXINAL E EN VIGOR E FOTOCOPIAS COMPULSADAS OU COPIAS PARA PROCEDER Á SÚA COMPULSA - Cidadáns da UE/|EEE ou Suíza. certificado de rexistro de cidadán da Unión ou Certificado do dereito a residir con carácter permanente xunto con pasaporte ou documento de identidade en vigor (|arts. 7.1 e 10.1 do |RD 240/2007, de 16 de febreiro).
- Certificado de empadroamento de beneficiarios e causantes (só nos supostos previstos no RD 523/2006, do 28 de abril).
- Libro de familia ou certificado en extracto das partidas de nacemento dos fillos expedido polo rexistro civil que corresponda.
- Xustificante de ingresos. Deberá presentar, de ser o caso, a documentación que acredite o nivel de rendas indicado na solicitude.
SÓ SE SE ATOPA NALGUNHA DESTAS SITUACIÓNS: - Nos casos de separación xudicial ou divorcio: sentenza xudicial que acredite estas situacións ou documento polo que se establece a garda e custodia dos fillos.
- No suposto de fillos con discapacidade: título de minusvalía expedido polo IMSERSO ou organismo competente da Comunidade Autónoma.
- Nos supostos de familia numerosa: título de familia numerosa.
- Nos supostos de nai discapacitada: título de minusvalía expedido polo IMSERSO ou organismo competente da Comunidade Autónoma.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





